O Concello programa novas actuacións de eficiencia enerxética

O Concello de Culleredo ampliará as zonas do paseo marítimo do Burgo con iluminación de tipo LED. Actualmente este tipo de iluminación xa existe na contorna do xardín botánico e o goberno local levarao á primeira fase do paseo, é dicir, á zona dos Templarios, xunto á ponte romana.

Esta é unha das actuacións no campo de eficiencia enerxética que programou o Concello, ampliando os traballos que se acaba de completar en parques urbanos do municipio.

O obxectivo do plan é dotar á iluminación dunha tecnoloxía eficiente e que fomenta o aforro, sinala o alcalde, Julio Sacristán. O rexedor lembra que o gasto enerxético é un dos máis grandes nas administracións municipais e por iso é necesario realizar investimentos que redunden en beneficios futuros.

O proxecto finalizado abarcou a varios parques e prazas públicas onde se substituíron as antigas luminarias esféricas. En total foron 150 os novos puntos de luz situados en: praza de Galicia, parque de Cordeda, xardíns Condes de Andrade, parque Costa da Lonxa, praza Xaime Quintana, e urbanización Tierno Galván. O investimento foi de 125.000 euros.

O Concello acometeu tamén a instalación dun sistema intelixente en varias vías do municipio. A dotación de centros de mando, reductores de fluxo, xunto coa unificación da iluminación logra controlar os acesos mellorando así o aproveitamento e reducindo o consumo. Este proxecto levouse a cabo nas rúas Ferrocarril, Tierno Galván, Ramón Cabanillas, O Regueiro, e no lugar de Barrio (Sueiro).

Para o ano que vén, ademais da mencionada no paseo, o Concello executará un proxecto de aforro e mellora da eficiencia enerxética por centralización de puntos de luz a consumo libre e supresión de mercurio na parroquia de Castelo. E modernizará a iluminación nas rúas río Mandeo e Montespiño.

Serán uns 200.000 euros de investimento para continuar a política que ano tras ano vén realizando o Concello: eliminar vellos puntos de luz, logrando cun consumo da metade mellores prestacións aos veciños.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina