Comunicado sobre o posible caso de meninxite no CEIP Sofía Casanova

O Concello de Culleredo, ante un posible caso de meninxite detectado no CEIP Sofía Casanova, e tras as diversas consultas recibidas por parte da cidadanía, manifesta o seguinte:

  • No mediodía de hoxe, a Xunta de Galicia convocou aos pais do centro a unha reunión para informarlles sobre o protocolo de actuación a seguir. Ao encontro acudiu tamén a concelleira de Educación, Carmen Varela, así como a dirección do CEIP. A información foi explicada por médicos do Sergas, que ademais resolveron todas as dúbidas expostas polos pais asistentes.
  • O protocolo establecido cínguese ao alumnado da mesma clase, con medidas de profilaxis, e da lindeira, con medidas de observación. Os proxenitores xa coñecen o protocolo e os pediatras do centro de saúde xa teñen toda a información necesaria.
  • A Xunta informou de que non é necesario establecer medidas ao resto do alumnado dado que o escolar que é posible caso non participa en actividades, nin acode no bus escolar, nin é usuario do comedor.
  • O Concello de Culleredo quere transmitir tranquilidade aos veciños ante esta situación, xestionada por responsables médicos con experiencia nestes casos, e coa supervisión da dirección do centro e o apoio do Concello. En calquera caso, os veciños poden aclarar calquera dúbida dirixíndose ao centro de saúde.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina