Retribucións percibidas anualmente

DETERMINACIÓN DOS CARGOS CON DEDICACIÓN EXCLUSIVA E PARCIAL

PLENO MUNICIPAL DE 2 DE XULLO DE 2019

"Primeiro.- Aprobar a dedicación exclusiva, en réxime de xornada completa, dos seguintes cargos da Corporación, coas retribucións que se indican e a correspondente alta na Seguridade Social:

  • Alcalde-Presidente. Percibirá 55.000 € ao ano, en 14 pagas de igual importe.
  • Concelleiro/a delegado/a da área de política social, mocidade e promoción do deporte: Percibirá 39.800 € ao ano, en 14 pagas de igual importe.
  • Concelleiro/a delegado/a da Área de Seguridade cidadá e persoal. Percibirá 39.800 € ao ano, en 14 pagas de igual importe.
  • Concelleiro/a delegado/a da Área de facenda, patrimonio e Administración electrónica: Percibirá 39.800 € ao ano, en 14 pagas de igual importe.
  • Concelleiro/a delegado/a da área de medio ambiente, obras e servizos: Percibirá 39.800 € ao ano, en 14 pagas de igual importe.
  • Concelleiro/a delegado/a de participación cidadá, educación e medio rural: Percibirá 39.800 € ao ano, en 14 pagas de igual importe.

Segundo.- Aprobar a dedicación parcial, en réxime que en cada caso se especifica dos seguintes cargos da Corporación, coas retribucións que se indican e a correspondente alta na Seguridade Social:

  • Concelleiro/a delegado/a do Servizo de Deportes e xuventude: Percibirá 19.900 € ao ano, en 14 pagas de igual importe (réxime media xornada, dedicación mínima 5 horas diarias de luns a domingo)
  • Concelleiro/a delegado/a do Servizo de maiores : Percibirá 19.900 € ao ano, en 14 pagas de igual importe (réxime media xornada, dedicación mínima 5 horas diarias de luns a domingo)
  • Concelleiro/a delegado/a do servizo de comercio local: Percibirá 19.900 € ao ano, en 14 pagas de igual importe (réxime media xornada, dedicación mínima 5 horas diarias de luns a domingo)
  • Concelleiro/a delegado/a do servizo de cultura: Percibirá 31.840 € ao ano, en 14 pagas de igual importe (réxime 80% de xornada, dedicación mínima 6,5 horas diarias de luns a domingo)

Terceiro.- De conformidade co disposto no artigo 14 parágrafo 4 do regulamento orgánico municipal, declarar expresamente a compatibilidade do concelleiro delegado do servizo de deportes e xuventude, Don Miguel Suárez García, da concelleira delegada do servizo de maiores, dona Susana Amor Fernández, do concelleiro delegado do servizo de comercio local, Don Mario Alfonso Iglesias Gómez, e da concelleira delegada do servizo de cultura, dona María Penélope López Díaz.

Cuarto.- A contía das retribucións fixadas nos apartados anteriores será actualizada cada 1 de xaneiro, sen necesidade de acordo plenario adicional, de acordo co que sinale a Lei de presupostos xerais do Estado para todo o persoal ó servizo do sector público."

 

INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIAS DOS/AS SRES/AS CONCELLEIROS/AS ÁS SESIÓNS DE ÓRGANOS COLEXIADOS

(Acordo plenario do 02/07/2019 modificado polo de 31/10/2019)

"Primeiro.- Determinar o importe das retribucións que percibirán os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva ou parcial por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados municipais que se indican:

Por asistencia a cada sesión do Concello Pleno ......................................250 euros

Por asistencia a cada sesión da Xunta de Voceiros ..................................150 euros

Por asistencia a cada sesión da Xunta de Goberno Local .........................350 euros

Por asistencia a cada sesión das Comisións Informativas ........................150 euros

Para a aplicación do presente acordo, teranse en conta as seguintes consideracións:

1) Percibirán asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da Corporación, os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva e parcial, tanto nesta corporación como en calquera outra administración pública.

2) Computaranse as asistencias a tódalas sesións celebradas do Pleno, Xunta de Goberno Local, Comisións Informativas e Xunta de Voceiros, sexan ordinarias ou extraordinarias, cos seguintes límites máximos:

- 14 sesiones plenarias ao ano

- 4 sesións da Xunta de Goberno local ao mes

- 16 sesións de Comisións Informativas ao ano

- 14 sesións da Xunta de voceiros ao ano

3) A asistencia a varias sesións dos órganos anteriormente citados no mesmo día computarase como unha soa asistencia, percibíndose neste caso só a correspondente á de maior contía.

Segundo.- O presente acordo producirá efectos a partires do 1 de xaneiro de 2020.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina