Centos de persoas celebrarán o sábado o tradicional Magosto Municipal de Culleredo

Culleredo prepárase para a súa tradicional exaltación da castaña. O Magosto Municipal, que organiza o Concello, terá lugar este sábado 7 de novembro no parque de Celas, desde as 18.00 horas, e prevese a degustación de máis de 500 quilos de castañas por un milleiro de persoas.

A vertente gastronómica será a principal en Celas. Os asistentes poderán probar castañas asadas, touciño á brasa, e viño novo, acabando coa tradicional queimada. O prezo por persoa será de 2 euros.

Tampouco faltará a música para pasar a tarde. A festa estará amenizada polo Dúo Compás. O parque de Celas conta ademais coa pista cuberta, polo que en caso de inclemencias meteorolóxicas os asistentes poderán protexerse.

O Magosto Municipal de Culleredo é o máis concorrido da comarca. O goberno local buscou a data máis próxima ao comezo de novembro, por antonomasia a propia do magosto, para levar a cabo esta celebración e así manter unha tradición galega con moito arraigamento en Culleredo.

O Magosto conta coa colaboración da Sociedade Cultural e Deportiva O Cruceiro de Celas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina