Proposta de acordo de goberno entre o PSdG-PSOE e o BNG

 

PROPOSTA ACORDO DE GOBERNO

ENTRE O PSdG-PSOE E O BNG

EN CULLEREDO

O grupo municipal do PSdG-PSOE e o grupo municipal do BNG de Culleredo acordan asinar un pacto de goberno no Concello para a lexislatura 2007-2011.

Ambos os partidos cos seus respectivos grupos municipais acordan subscribir o pacto baseado nos seguintes apartados e termos:

A) Compromisos programáticos.

B) Criterios de funcionamento e órganos de Goberno.

A) COMPROMISOS PROGRAMÁTICOS

1) Impulsar unha administración municipal ao servizo da cidadanía, utilizando as ferramentas das novas tecnoloxías, na que a transparencia, a axilidade e a eficacia sexan as bases de identidade da administración local.

2) Potenciar o uso do galego como lingua habitual de comunicación coa cidadanía, de conformidade coa Lei de normalización lingüística.

3) Traballar para conseguir un cadro de persoal acorde coas necesidades do Concello, mediante a correspondente Relación de Postos de Traballo (RT), unha vez que se conclúan os traballos de valoración dos postos, que xa se contratou e se negociou coa Xunta de Persoal e co Comité de Empresa.

4) Cumprir a lexislación en canto a aprobación dos orzamentos, a aprobación da conta xeral e a redución ao máximo do recoñecemento de obrigas.

5) Alcanzar a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co máximo consenso posible cos grupos políticos con representación no Concello.

Os principios sobre os que se baseará a ordenación urbanística serán os de:

  • Sustentabilidade.
  • Equilibrio territorial.
  • Desenvolvemento dun urbanismo racional.
  • Protección e posta en valor da paisaxe e o medio.

O terreo que hoxe ocupa a firma Cereol Ibérica, na confluencia da ría do Burgo e do río Mero, clasificarase como equipamento.

O Concello de Culleredo fará as xestións necesarias para o Ministerio de Medio Ambiente ou a Xunta de Galicia adquiran o terreo unha vez que a actividade da empresa cese.

A política de vivenda basearase nos principios que se recollen no acordo marco subscrito entre ambos os dous partidos.

6) Potenciar o transporte público, en coordinación coa Dirección Xeral de Transportes e os concellos que asinaron o acordo de transporte metropolitano, será un obxectivo irrenunciable; para isto propoñeranse melloras no convenio que procuren a ampliación de servizos, rutas e horarios.

7) Elaborar un estudo de mobilidade peonil e de vehículos e reducir a siniestralidade preséntanse como obxectivos a alcanzar na lexislatura. O documento deberá conter un estudo de accesibilidade e de eliminación de barreiras.

8) Abordar de forma urxente a descontaminación do solo da Cross e a rehabilitación do edificio como centro sociocultural e de ocio.

9) Promocionar o emprego e xerar novos solos industriais para a atracción e instalación de novas empresas que produzan riqueza para o Concello e contribúan a unha diminución do paro por debaixo do 7% actual.

10) Continuar coa política de inserción social e laboral seguida ata hoxe, aumentando os cursos de formación ocupacional e os programas dedicados ás persoas con menos recursos, discapacitadas e inmigrantes ou emigrantes retornadas.

11) Priorizar as políticas de benestar social coa máxima colaboración coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia, tentado levar adiante políticas avanzadas e de calidade que complementen as actuais.

12) Promover políticas de igualdade, mediante un traballo real e efectivo en todas as áreas do goberno municipal e cos/coas axentes sociais, incorporando aquelas actuacións que, coordinadamente coa Secretaría Xeral de Igualdade e coa Deputación, contribúan a mellorar as nosas actuacións. Así mesmo, traballar para erradicar do noso Concello a violencia de xénero coa potenciación dos servizos do SAVIX e o CIM xa en funcionamento.

13) Afianzar no ensino a colaboración coa comunidade escolar e o Consello Escolar municipal, co fin de poñer os medios necesarios para mellorar a calidade do ensino, reducir o fracaso escolar e implantar novos ciclos e especialidades en colaboración coa Consellería de Educación.

14) Potenciar o deporte e as actividades ao aire libre mediante a realización de novas instalacións deportivas, a mellora nas actuacións, o fomento do deporte cos clubes, AMPAS etc., e a sinatura de convenios de colaboración. Así mesmo, potenciar a cultura cunha política de fomento das actividades extraescolares e de exposicións de autores novos e coa colaboración cos programas culturais da Xunta e a Deputación.

15) Impulsar a creación da área metropolitana e, mentres esta non se desenvolva, seguir a potenciar o funcionamento do Consorcio das Mariñas como único órgano supramunicipal para o desenvolvemento de servizos en común que voluntariamente acorden os concellos do Consorcio.

16) Convocar un concurso de ideas co fin de lograr o máximo uso do paseo marítimo da ría do Burgo, a mellora do mesmo en canto a accesibilidade e a súa maior rendibilidade social e económica.

17) Aprobar, para lograr a máxima liberdade e pluralidade, un decálogo que garanta a funcionalidade da radio municipal Radio Culleredo e o seu compromiso de servizo público municipal. Radio Culleredo dependerá da área sociocultural e os seus asuntos ditaminaranse na respectiva comisión informativa.

18) Desenvolver políticas que reduzan os inconvenientes que poida ter a poboación das zonas rurais para gozar dos servizos ou participar nas actividades que o Concello organiza.

19) Asumir o compromiso de conseguir nesta lexislatura a cobertura do 100% dos servizos básicos para a poboación.

  • Accesos rodados
  • Saneamento
  • Abastecemento de auga
  • Subministración eléctrica suficiente

Aeroporto de Alvedro

Conscientes da preocupación que a unha gran parte da poboación do Concello lle producen as actuacións que levou a cabo AENA ( e as posibles que poidan presentar no futuro), comprometémonos a traballar pola conciliación dos intereses cidadáns e municipais cos intereses aeroportuarios, facendo posible a súa coexistencia.

Para isto traballaremos sobre os seguintes aspectos:

a) Declarar o aeroporto de Alvedro como aeroporto urbano.

b) Facer estudos de impacto ambiental, co fin de conseguir a redución do ruído, instalar barreiras e insonorizar vivendas.

c) Apoiar ás persoas afectadas polo ILS e tramitar as posibles indemnizacións que correspondan por responsabilidade patrimonial da administración do Estado.

d) Solicitar, no caso de transferencias de competencias do Estado á Xunta, a inclusión do Concello no órgano que se cree para a súa explotación ou dirección.

B) CRITERIOS DE FUNCIONAMENTO E ÓRGANOS DE GOBERNO

  1. A acción de goberno rexerase polos principios de unidade de xestión e solidariedade, de autonomía no exercicio das competencias delegadas e de eficacia na prestación dos servizos nos termos que se expresaron no acordo marco entre o PSdG-PSOE e o BNG a nivel galego.
  2. A cada concelleiro/a se lle asignarán nos seus departamentos o persoal que se necesite para executar o seu traballo en consonancia coa acción de goberno.
  3. A Alcaldía ocúpaa o candidato do PSdG-PSOE Julio Sacristán de Diego, e a primeira tenencia de Alcaldía a candidata do BNG Raquel Jabares Fernández.
  4. A representación ante as institucións e organismos exércea o alcalde, sendo da súa competencia a sinatura de convenios, contratos ou compromisos, agás aqueles que pola súa contía ou por outras razóns delegue na primeira tenente de alcalde ou noutras persoas.
  5. O PSdG-PSOE terá 5 tenencias de Alcaldía e o BNG 2, a primeira e a sétima.
  6. A Xunta de Goberno Local estará constituída por:

Alcalde, Julio Sacristán de Diego Presidente

1º tenente de alcalde, Raquel Jabares Fernández BNG

2º tenente de alcalde, Ricardo Seoane Candamio PSdG-PSOE

3º tenente de alcalde, Carmen Varela Corbelle PSdG-PSOE

4º tenente de alcalde, Alicia Ferreiro Varela PSdG-PSOE

5º tenente de alcalde, Narciso Marzoa Martínez PSdG-PSOE

6º tenente de alcalde, Celestino Poza Domínguez PSdG-PSOE

7º tenente de alcalde, Beatriz Pérez Mosquera BNG

A Xunta de Goberno Local asumirá as competencias delegadas do Pleno e da Alcaldía que tiña na anterior corporación.

Celebrarase todos os martes ás 13:00 horas e, no caso de coincidir en festivo, celebrarase ao día seguinte.

7. Constituiranse as seguintes comisións informativas:

Permanentes:

  • Benestar Social e Promoción Económica, que estará presidida polo BNG.
  • Urbanismo, presidida polo PSdG
  • Economía e Facenda, presidida polo PSdG
  • Educación, presidida polo PSdG
  • Medio, Servizos e Obras, presidida polo PSdG
  • Sociocultural, presidida polo PSdG
  • Comisión Especial de Contas, presidida polo PSdG.

Non permanentes:

  • Plan Xeral de Ordenación Municipal, que estará presidida polo PSdG.
  • Aeroporto de Alvedro, presidida polo BNG.

8. Constitúense as seguintes áreas de traballo:

  1. Área de Benestar Social e Promoción Económica, competencia do BNG.
  2. Área de Urbanismo, competencia do PSdG-PSOE.
  3. Área de Educación, Formación e Igualdade, competencia do PSdG-PSOE.
  4. Área do Medio, Servizos e Obras Públicas, competencia do PSdG-PSOE.
  5. Área de Economía, Facenda, Réxime Interior e Seguridade, competencia do PSdG-PSOE.
  6. Área de Cultura, Deportes e Participación Cidadá, competencia do PSdG-PSOE.

Cada grupo político poderá delegar algúns servizos da súa competencia en concelleiros ou concelleiras que non sexan tenentes de alcalde

9. O PSdG-PSOE terá 6 dedicacións exclusivas e o BNG 2.

De conformidade co orzamento dispoñible o PSdG-PSOE só cubrirá 5 e o BNG 2 no ano 2007.

As dedicacións non modificarán á alza as cantidades individuais e globais que se preveron no orzamento para o exercicio de 2007

10. Cada grupo político proporá ou designará ao persoal de libre designación, correspondendo:

  • 3 ao grupo do PSdG-PSOE
  • 1 ao grupo do BNG

11. Haberá unha Comisión Mixta BNG-PSdG-PSOE, composta por 2 membros de cada grupo, para o estudo das subvencións e convenios que se poidan celebrar coas entidades municipais sen ánimo de lucro.

12. Constituiranse coa maior brevidade posible todos os consellos sectoriais que se prevén no Regulamento de Participación.

13. A representación do Concello nos diferentes organismos que se creen ou que se poidan crear cubriranse de acordo con criterios de proporcionalidade da representación política de cada grupo e de acordo coas competencias que asume cada grupo político.

14. Nas comisións informativas, permanentes e non permanentes, terán representación todos os grupos políticos de acordo coa representación que conseguiran:

  • 2 membros do PSdG-PSOE
  • 1 membro do PP
  • 1 membro de APdC
  • 1 membro do BNG

15. A Mesa de Contratación terá representación de todos os grupos políticos do Concello de acordo coa seguinte proporción:

  • 2 membros do PSdG-PSOE
  • 1 membro do PP
  • 1 membro do APdC
  • 1 membro do BNG

16. A Comisión de Coordinación constitúese como unha comisión interna da coalición para a análise e seguimento da política municipal e punto de encontro da coordinación do traballo municipal. Reunirase os martes ás 13:30 horas e participarán nela todos/as os/as concelleiros/as electos/as de ambos os dous partidos. Estas reunións non estarán retribuídas.

17. O Pleno ordinario celebrarase o último martes de cada mes ás 20:00 horas, e no caso de coincidir en festivo celebrarase ao día seguinte á mesma hora. A partir do 15 de xuño e ata o 15 de setembro os plenos celebraranse ás 14:00 horas.

COMPETENCIAS

ÁREA DE BENESTAR SOCIAL

(Servizos Sociais, Mocidade, Terceira Idade, Voluntariado e Infancia)

PROGRAMA I: Información e Orientación Social

PROGRAMA II: Convivencia e Autonomía Persoal

Agás a Inserción Laboral

PROGRAMA III: Prevención e Dinamización Social

a. Centro Municipal de Persoas Maiores

b. Aulas de Persoas Adultas

c. Atención a menores e adolescentes en risco

d. Centro A Escada. Agás o grupo Instrumental e Coral

PROGRAMA IV: Cooperación Social

a. Cooperación Internacional

b. Oficina Municipal de Voluntariado (OMVOL)

PROGRAMA V: Atención á infancia

AREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

(Industria, Comercio, Turismo e Innovación)

INDUSTRIA:

  • Relación coas industrias
  • Atracción de industrias e empresas
  • Implantación industrial
  • Venda ambulante (feirón, feiras e mercados)
  • Concesión de subvencións incluídas no seu ámbito de delegación.
  • Capacidade de resolución de recursos.
  • Capacidade sancionadora.
  • Todas as referidas aos establecementos comerciais, agás a apertura e posta en funcionamento.
  • Mellora
  • Promoción

TURISMO:

  • Oficina de Turismo
  • Promoción turística do Concello.
  • Mellora e promoción de instalacións turísticas.

INNOVACIÓN:

  • Promoción de novas tecnoloxías públicas e privadas.

EDIFICIOS

  • Costa da Lonxa, 1 - Actual Servizos Sociais - O Burgo
  • Costa da Lonxa, 2 - Baixo novo - O Burgo
  • Casa da Mocidade - O Burgo
  • Parte do Pazo de Vilaboa - Oficinas Servizos Sociais - Vilaboa.
  • Rincón dos Rapaces- Domingo Sierra - Vilaboa.
  • Despacho no Concello 1º tenente de alcalde
  • Despacho no Concello 7º tenente de alcalde
  • Despachos grupo municipal
  • Oficina Turismo Celas e Escola Unitaria

Todos os edificios do Concello están a disposición de todas as áreas no caso de necesidade e para actos concretos.

A sinatura e presentación do pacto farase nunha rolda de prensa conxunta e única, na Casa do Concello.

O acordo achegarase á cidadanía e publicarase na páxina web do Concello.

PERSOAL ADHERIDO A CADA ÁREA

Servizos Sociais, Mocidade, Infancia, Voluntariado

Mª. José Cagiao Vila Xefa de servizo

Mª. Teresa Molares Cabana Pedagoga

Mª. Jesús Rodríguez García Xefa Sección Atención Primaria

Ángela Varela Suárez Traballadora social

Sandra García Uzal Traballadora social

Elena Lousa Souto Animadora Servizos Sociais

Mª. Belén Monroy García Administrativa

Gloria Mateos Aguirre Auxiliar administrativa

Laborais

Mª. Carmen Ferreño Gómez Auxiliar Información

Loreto Mª .Río Pérez Auxiliar Recepción e Información

Adultos

Mª. Pilar Vilar Martínez Pedagoga

Axuda a Domicilio

Rita López Cardalda Psicóloga-Mediadora

Mercedes Abel Rodríguez Traballadora familiar

Mª. Nieves López Gómez Traballadora familiar

Mª. Nieves Martínez Uzal Traballadora familiar

Celia Gómez López Traballadora familiar

Educadora Social

Delfina Núñez Rodríguez

Técnico Animación Socio-Cultural

Bibiana Monteseirín Suárez

Atención a persoas con discapacidade

Mª. Teresa Etchevers Lemus Mediadora social

Mª. Jesús Castiñeiras Rodríguez Monitora taller

Dinamización e Inserción Social

Yolanda Zapata Amor Educadora social

Ordenanzas

Juan Baltasar Carbón Castelo

Ignacio Barbeito Arcas

ESCOLA INFANTIL

Deborah Vales Vázquez Auxiliar xardín infancia

Patricia López González Auxiliar xardín infancia

Margarita Barros Rodríguez Axudante cociña

Laboral fixo

Susana López Bogo Pedagoga

Eva Mª. Suárez Gil Mestra

Eva Mª. Díaz Baldomir Técnica xardín infancia

Mª. Isabel García Mato Técnica xardín infancia

Mª. Inés Sánchez Vigo Técnica xardín infancia

Ana Rosa Negreira Rodriguez Auxiliar xardín infancia

Catuxa Suárez Gorgal Auxiliar xardín infancia

vacante Auxiliar xardín infancia

Mª. Dolores García Sánchez Cociñeira

INDUSTRIA, COMERCIO, TURISMO E INNOVACIÓN

Mª. Teresa Uyarra Rúiz Asesora promoción económica

Mónica López Andrade Técnica promoción empresas

Marta Amor Seoane Axente desenvolvemento local

Francisco Balseiro Bouza Administrativo

MOCIDADE

Ana Isabel Oteruelo Pérez Técnica Xuventude

Vacante Auxiliar administrativo/a

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina