Culleredo traballa en conxunto coa rexión italiana de Calabria contra o absentismo escolar

O Concello de Culleredo está moi sensibilizado coa problemática do absentismo escolar e por iso emprendeu o proxecto Schoolab en conxunto coa rexión italiana de Calabria. A delegación cullerdense desprazouse ata o país italiano para celebrar xornadas de traballo para desenvolver estratexias que freen o absentismo.

Foron ata alí Carmen Varela, concelleira de Cultura e Educación, técnicos municipais de Educación, Servizos Sociais, axentes da Policia Local, a directora do IES Blanco Amor , profesores e a ONG Mestura. Alí traballaron cos socios italianos no proxecto: Deputación de Reggio Calabria, o Istituto Magistrale Gulli, Asociación Pronexus e AFI (asociación de familias).

Neste encontro mostrouse parte do traballo realizado polos técnicos de Culleredo para compartilo e debatelo cos seus colegas italianos. Buscáronse puntos comúns e actividades baseadas na motivación para previr o abandono escolar.

O absentismo é unha incidencia grave para calquera sistema educativo, dado que repercute tanto na sociedade como na economía e sobre todo en cada individuo, podendo derivar noutras situacións de risco como son a delincuencia e o desarraigamento social. "De aí a importancia de traballar de xeito conxunto con outro país similar e xerar ideas para evitalo", apunta Varela.

O proxecto ten marcado como obxectivo xeral o de organizar, estruturar e experimentar un modelo pedagóxico innovador que se fundamenta no diálogo e na participación, co fin de previr o absentismo escolar e a aparición da inadaptación xuvenil, tanto en Reggio Calabria como en Galicia.

Está enmarcado dentro do programa Comenius Rexio e subvencionado polo Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeo (OAPEE).

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina