Culleredo homenaxeará as súas deportistas no Día da Muller

O Concello de Culleredo homenaxeará ás mulleres deportistas do municipio con motivo da celebración do Día da Muller de 2015. Deportistas e clubes con seccións femininas participarán no acto previsto para o venres ás 19.30 horas.

Será no Conservatorio Municipal de Música. Participarán:

  • Fernanda Espiñeira (ciclismo e raids)
  • Leny López (fútbol sala)
  • Marta Lago (karting)
  • Mónica García (tiro con arco)
  • Sara García (taewkondo)
  • Zaira Vilariño (hípica)
  • Club Balonmán Culleredo
  • Club Baloncesto Culleredo
  • Club Auga Marina de natación sincronizada
  • CR Team ACT: Hípica
  • Sporting Burgo

Actuarán no evento o dúo de saxofón e piano formado por Natalia Lodeiros e Marina López, e a cantautora Bea a de Estrella.

Os actos polo Día da Muller continuarán o sábado 7 coa tradicional Cea das Asociacións de Mulleres. Será no Pazo de Vilaboa ás 21.30 horas cun prezo de 25 euros.

Son as propias asociacións as que formalizan a inscrición:

  • Asociación A Xeca, en Vilaboa (661 910 585)
  • Asociación Alancada, en Tarrío (607 180 712)
  • Asociación Rosalía de Castro, no Burgo (639 513 466)


A cea contará coa música do dúo Karamba. O prazo de inscrición finaliza o xoves 5 de marzo.

A concelleira de Muller, Penélope López, anima os veciños a participar nos actos que persiguen seguir consolidando o importante e fundamental papel da muller na sociedade.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina