O Concello lanza unha campaña solidaria de recollida de alimentos

O Concello de Culleredo lanza unha campaña solidaria de recollida de alimentos e produtos de hixiene infantil para colaborar coas familias sen recursos do municipio. Trátase dun programa que organiza a Oficina Municipal de Voluntariado.

A campaña está centrada na recompilación de alimentos non perecedoiros, como leite, aceite, cacao ou conservas, ademais de produtos de hixiene infantil.

Nos centros de ensino de infantil e primaria e no IES, a campaña desenvolverase entre o 15 e 19 de decembro. Nos centros de titularidade municipal e outras entidades colaboradoras a campaña durará ata o 28 de decembro. Estas son o Centro Deportivo de Acea de Ama, as asociacións de Comerciantes e Empresarios de Culleredo e o Club de Baloncesto Culleredo.

Ademais, o Club de Baloncesto Culleredo, ademais da recollida de alimentos, vai colaborar na realización dun "rastrillo solidario" na polideportiva municipal Isaac Díaz Pardo coincidindo con competición de liga de baloncesto do 20 e 21 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. E tamén no Torneo de Nadal que organiza os días 27 e 28 de decembro de 10:00 ás 14:00 horas.

Todos os alimentos non perecedoiros e os produtos de hixiene infantil recollidos, así como a recadación do mercadillo solidario, irán destinados ao Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo.

A concelleira de Formación, Marta Iglesias, anima a todos os veciños e veciñas a participar activamente nesta campaña de recollida de alimentos, así como na xa iniciada de xoguetes, para achegar un pouco de axuda aos veciños con maior necesidade.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina