O Concello licita a reforma integral do Edificio de Servizos Múltiples

O Concello de Culleredo saca hoxe a licitación unha das súas principais actuacións dos últimos anos: a rehabilitación do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, referente da actividade cultural e social do municipio. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio, cun orzamento de 1.009.701 euros.

O goberno municipal persegue coa obra remodelar o inmoble, que co paso dos anos presenta numerosas necesidades de mellora, para proporcionar un espazo modernizado para a actividade social de Culleredo. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que a obra é prioritaria para "incrementar a accesibilidade, seguridade e prestacións dun edificio que é centro neurálxico da zona urbana".

As obras variarán a configuración actual do inmoble, acometendo unha reorganización xeral dos espazos. As oficinas de atención cidadá serán ampliados, para potenciar o seu uso, como extensión á casa consistorial. Situaranse na planta baixa,  en toda a fronte da fachada, combinando espazos de atención administrativa con despachos para unha asistencia máis personalizada.

A reorganización dos espazos destinados a cultura e espectáculos será a máis importante. Actualmente, tanto o salón de actos como a aula de vídeo carecen de vinculación e de espazos auxiliares. Por iso proxéctase un auditorio, no soto, con acceso independente, que dispoña de vestíbulo, que servirá tamén a unha sala auxiliar, de menor superficie, idónea para pequenos actos.

Na planta baixa, a cafetaría intercambiará a súa posición actual coas oficinas para así poder dar servizo aos usuarios do auditorio.

Na primeira planta manterase a biblioteca municipal, coa súa sala infantil, e nas plantas altas, as aulas e espazos para actividades e para o seu emprego por parte de colectividades e asociacións.

A comunicación entre as plantas será un dos aspectos de maior incidencia da obra. Eliminarase a duplicidade de escaleiras e do montacargas, cun pequeno vestíbulo en cada planta a pé das escaleiras exteriores. Isto facilitará o aproveitamento do espazo e a instalación de aseos.

A totalidade do investimento procede das arcas municipais, grazas ao superavit acadado polo goberno municipal nos anos pasados. O prazo para a presentación de ofertas comeza mañá e será de 26 días laborables.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina