O Concello de Culleredo conxela as taxas e impostos municipais para 2015

As taxas das ordenanzas fiscais do Concello de Culleredo non subirán en 2015. Esa é a decisión do goberno municipal, sensible á difícil situación económica actual para moitas familias, refrendada xa no pleno da corporación.

O Concello aposta por conxelar todas as taxas e non aplicar nin sequera actualizacións a ordenanzas como o Imposto de Bens Inmobles, o imposto de vehículos, etc. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, destaca que, aínda que a recadación é fundamental para que un concello poida posteriormente desenvolver programas e acometer investimentos, "hai que ser conscientes das dificultades que teñen moitos veciños para chegar a fin de mes".

O equipo de goberno, que sempre fixou nos servizos sociais a súa máxima prioridade, analizou as posibilidades ao seu alcance e opta por achegar o seu gran de area e non aplicar subidas aos impostos municipais.

Neste mesmo sentido, o Concello introduce unha nova bonificación para as persoas en risco social. Aquelas que sufran algún embargo ou que estean en situación de dación en pago veranse exentas da taxa de expedición de documentos (ordenanza número 6).

Trátase dunha ordenanza que regula a obtención de documentos necesarios para moitos trámites, como certificados urbanísticos, informes policiais ou diversas autorizacións. Esta nova exención que suxire o equipo de goberno unirase ás xa existentes para cidadáns en risco de exclusión, nos documentos necesarios para a tramitación da solicitude de subsidio de desemprego, solicitude de axuda familiar, pensión non contributiva, residencias públicas, centros de día ou solicitude de axuda aos servizos municipais de servizos sociais.

Xa o ano pasado o Concello eliminara diversos epígrafes desta ordenanza de documentos para todos os veciños. Así, xa non teñen aparellada ningunha taxa as compulsas ou certificacións. Con iso, ademais de axudar ás familias, incrementábase a súa comodidade para realizar moitos trámites, sen necesidade de acudir ao banco para completalos.


Outras variacións

Así mesmo, o Concello efectuará unha leve variación na ordenanza de utilización de instalacións municipais. Agora o texto pasará a contemplar os supostos de gratuidade para asociacións sen ánimo de lucro e as tarifas se se require persoal municipal en actividades externas.

E en canto a prezos públicos, o goberno local opta tamén pola súa conxelación. Tan só crearase un específico para actividades da área de biodiversidade, que até agora se regulaban polo prezo público de actividades en xeral.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina