O Concello oferta 100 prazas nos seus cursos de micoloxía

O goberno de Culleredo dará resposta á gran afección polos cogomelos que existe agora no municipio e na comarca con dúas edicións do curso de micoloxía. A iniciativa alcanza este ano a súa XX edición con máis expectación que nunca.

Os dous cursos, de catro días de duración cada un, celebraranse en outubro e novembro. A primeira edición será do 22 ao 25 de outubro na reitoral de Celas de Peiro. E a segunda, do 5 ao 8 de novembro no centro municipal Pablo Picasso, do Burgo.

O XX Curso de Micoloxía, organizado desde a área municipal de Biodiversidade enmarcada na Concellaría de Promoción Económica e Formación, ten como obxectivo que as persoas participantes aprendan a recoñecer, buscar e identificar os cogomelos.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias destaca que os cursos combinan tanto a teoría coa práctica para impartir "todas as competencias" necesarias na materia. A parte práctica desenvolverase o último día de cada curso e consistirá nunha saída ata Torre Lavandeira, en Curtis, onde os participantes porán en práctica os coñecementos adquiridos na parte teórica, mediante a recollida dos cogomelos, sempre baixo a supervisión do docente do curso.

O horario das sesións será de 20.00 a 21.30 horas. O custo do curso é de 7 euros, con preferencia para os empadroados en Culleredo.

O Concello oferta 50 prazas para cada curso, é dicir, un total de 100. Serán asignadas por orde de inscrición. Só se poderá participar nun dos dous cursos.

"Constatamos un enorme interese polo mundo dos cogomelos e decidimos pór os medios para atender a máis veciños", afirma Iglesias acerca das dúas edicións do curso.

A edila apunta que o desexo dos cidadáns non é soamente coñecer a micoloxía, senón adquirir coñecementos para poder levar á práctica polos prolíferos montes da zona.

O prazo de preinscrición xa está aberto e prolongarase até o 7 de outubro. Para facela pódese contactar coa Concellaría no Centro Pablo Picasso do Burgo (teléfono 981 664 204), en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina