Culleredo disporá dun campus de patinaxe inclusivo

A patinaxe artística está de moda en Culleredo. Desde o nacemento hai 2 anos do club Aura, son moitos os veciños, nenos e adultos, que participan nas súas actividades, como festivais ou campus.

Agora en agosto terá lugar a segunda edición do campus de verán. E para rematar esta proliferación da patinaxe entre a cidadanía, o club e o Concello de Culleredo converteron no campus en inclusivo, de tal forma que acollerá a pequenos con diversidade funcional, procedentes de entidades sociais.

A presidenta do club Aura, Elisa López, a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, e o edil de Deportes, Miguel Suárez, presentaron hoxe o campus, acompañados dos representantes das asociacións orixe destes pequenos. A presentación tivo lugar no centro municipal asociativo da Escada, inaugurado polo Concello este ano e onde desenvolven o seu labor estas entidades sociais.

O campus de patinaxe acollerá nenos das seguintes asociacións:

  • Alcer Coruña (asociación para a loita contra as enfermidades do ril)
  • Dismacor (asociación de pais de nenos e persoas con discapacidade das Mariñas Coruñesas)
  • Mestura (asociación pola integración social das persoas inmigrantes)
  • Anhida (asociación de persoas con déficit de atención, con ou sen hiperactividade)

A iniciativa ten como obxectivo promover a integración dos nenos destes colectivos desde unha perspectiva "normalizadora e inclusiva", explicou Pombo. A edila destaca as vantaxes que teñen para estes nenos formar parte con total normalidade de actividades cotiás.

A presidenta do club apuntou que co campus busca a "transmisión aos participantes dos valores propios do deporte non competitivo". E dentro dos seus ideais encaixaba perfectamente aproveitar o campus como forma de defender a integración.

A sensibilización será outro dos puntos fortes da actividade. Cada xornada un representante dunha deste catro entidades sociais acudirá ao campus para explicar os pormenores do seu traballo aos participantes.

O concelleiro de Deportes encomiou o gran traballo que está a desenvolver Aura en Culleredo. Mostrouse convencido de que o deporte é un "medio idóneo" para propor experiencias integradoras como esta.



Inscrición no campus

O campus de patinaxe desenvolverase no polideportivo municipal do Burgo, entre o 25 e o 29 de agosto, en horario de 9.00 a 14.30. Colabora a Deputación da Coruña.

Está dirixido a nenos e nenas desde os 3 anos de idade. O prazo de inscrición finaliza o próximo 15 de agosto.

Para máis información: c.p.a.aura@gmail.com ou no 649 820 720.

Vista previaAdxuntoTamaño
campus_patinaxe.pdf471.39 KB
inscricion_campus.doc30 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina