O Festival BurgoJazz reúne no botánico a grupos de renome nacional e emerxentes locais

O festival BurgoJazz comeza hoxe venres a súa XIV edición combinando a promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero con grupos de renome nacional. Serán catro xornadas que traerán a 8 agrupacións ao xardín botánico do Burgo. 
 
Coa intención de que o festival chegue ao máximo á cidadanía, o Concello de Culleredo espera que as condicións meteorolóxicas acompañen para poder realizar as actuacións no exterior. Así, as persoas que paseen polas proximidades xa escoitarán os acordes e voces e poderán unirse aos recitais. 
 
As actuacións terán lugar ás 21.00 horas. Os grupos que participan son: 
  • Venres 4: The Magnifique Band dous homes sen medo e No Name 
  • Sábado 5: Marian Ledesma Trío e Camaradería (flamenco jazz) 
  • Domingo 6: Rapazz Quintet e Narci Rodríguez Trío 
  • Luns 7: Jazz Tenders e Quinteto Cimarrón (latin jazz) 
A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a "calidade" dos artistas que participan nun festival que cumpre 14 anos con cheos en todos os concertos. "É un festival moi arraigado en Culleredo e que ademais axuda a dar a coñecer un xénero menos comercial de música", afirma. 
 
O festival, ademais do jazz máis estándar, reunirá propostas de subxéneros musicais, como o flamenco jazz de Camaradería, que mestura ritmos de bulerías ou tangos con milongas e rumbas. Ou os galegos de No Name, que presentarán composicións que van desde o hard bop ao jazz máis contemporáneo. 
 
Na organización do BurgoJazz colabora co Concello de Culleredo a Deputación da Coruña.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina