O Concello recoñece os éxitos e traballo do Club Baloncesto Culleredo

O salón de plenos de Culleredo abarrotouse rápido o pasado xoves. Máis dun centenar de nenos e novos, acompañados dos seus proxenitores, desprazáronse ata o Concello para recibir o recoñecemento do alcalde, Julio Sacristán, á tempada do Club Baloncesto Culleredo. O rexedor estivo acompañado de Alicia Ferreiro, concelleira de Cultura, e de Miguel Suárez, de Deportes.

Acompañados dos seus adestradores, os xogadores recibiron o parabén do rexedor polo "excelente curso" realizado. O Club Baloncesto Culleredo é unha das principais entidades deportivas do municipio, con participantes en todas as categorías, desde a biberón.

Pero máis que os resultados, que foron moi bos con ascensos incluídos, o Concello quixo destacar o espírito formativo do club. "O club traballa como unha escola de vida e ese é o verdadeiro éxito", destacou Sacristán.

O primeiro edil aproveitou o acto para avanzar a próxima reforma que acometerá o Concello na polideportivo Ría do Burgo, en Fonteculler. O goberno local dotarao de parquet para mellorar o firme e favorecer así a práctica deportiva.

A idea inicial do Concello consistiu en financiar a actuación cos plans de obras da Deputación da Coruña. Con todo, ao non considerar esta posible introducir actuacións en recintos deportivos como este, o proxecto, xa elaborado, terá que ser financiado a cargo do orzamento municipal.

"Tratamos de non escatimar no mantemento das instalacións deportivas para que os miles de cidadáns que practican deporte en Culleredo dispoñan de espazos en boas condicións", apuntou o rexedor, que asegurou que o club de baloncesto terá sempre o apoio municipal para continuar coa súa vocación.

Moi emocionado mostrouse nas súas palabras Paco Botas, presidente do club, que enxalzou o traballo e esforzo de xogadores, adestradores e pais

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina