O IES Universidade Laboral leva a cabo un proxecto europeo sobre enerxía eólica

Durante os días 9, 10 e 11 de xuño desenvolveuse no IES Universidade Laboral de Culleredo un curso piloto de electricidade básica para o mantemento de aeroxeradores. Trátase dunha acción enmarcada dentro do proxecto Leonardo da Vinci TOI (Transfer of the Innovation), financiado con fondos europeos ATTP Wind Energy (Adapting a Transparent Program for Wind Energy).

A concelleira de Educación, Carmen Varela, clausurou onte a acción, conxunta con outros países de Europa. En concreto, o IES Universidade Laboral desenvólveo con centros de Dinamarca, Reino Unido, Alemaña e Suecia.

O proxecto consistiu na elaboración dunha formación básica, transparente e recoñecida para o mantemento de aeroxeradores. Durante este ano estanse desenvolvendo outros cursos piloto nos países socios.

O Concello de Culleredo, a través do centro municipal Pablo Picasso, participou na selección dos candidatos en paro para realizar o curso piloto. Esta formación realízase baixo a supervisión dos principais fabricantes de aeroxeradores: Vestas, Siemens, Gamesa, Enercon e Dong Energy.

Os responsables do IES explicaron a Varela o bo nivel de adquisición de coñecementos dos participantes no curso. A concelleira felicitou ao instituto por lograr este programa europeo que "responde á calidade do ensino que vén impartindo".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina