Culleredo lanza o seu primeiro certame de teatro afeccionado ante o seu auxe no municipio

Culleredo terá o seu propio premio de teatro afeccionado ante ao auxe que está a ter esta modalidade artística no municipio. De feito, o alcalde, Julio Sacristán, calcula que é a actividade con maior número de asistentes despois do fútbol. El Ruiseñor conta con 280 alumnos nas diferentes modalidades que traballa.

O rexedor presidiu a presentación oficial do I Certame Xuvenil de Teatro Afeccionado de Culleredo, acompañado da concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, e da directora da compañía El Ruiseñor, Susana Crespo. E é que El Ruiseñor asume a organización, xunto co Concello, da iniciativa.

O certame terá unha primeira fase, aberta agora, na que os participantes poden enviar a súa obra en vídeo á organización até o mes de setembro. O xurado seleccionará de entre as que se reciban as que pasan á fase final, que se desenvolverá en novembro.

Nesta segunda fase, dun mes de duración, o teatro encherá a programación cultural do municipio dado que as obras concursantes representaranse en vivo en Culleredo. Haberá premios para a mellor obra, a mellor dirección e os mellores actores e actrices protagonistas.

El Ruiseñor, ao organizar o certame, non participará. "Queremos animar aos rapaces a que fagan teatro e queremos ver a máis grupos cada día", apuntou a directora da compañía. "Aínda que o de menos son os premios, o certame serve como aliciente para ilusionar aos mozos", explicou Crespo.

A directora defende a educación en valores que proporciona a actividade, cun elevado grao de convivencia, compañeirismo e afán de superación. Desta mesma opinión é Sacristán, quen resaltou que os mellores alumnos de teatro normalmente tamén obteñen boas cualificacións nas aulas.

O alcalde agradeceu o impagable labor de El Ruiseñor ao implicarse no desenvolvemento progresivo dos rapaces. A concelleira de Cultura sinalou que a creación do certame responde á inquietude e gran interese que existe en Culleredo polo teatro. "Promoveremos unha iniciativa para animar a practicar teatro á vez que vos veciños disporán dun completo mês de representacións", destacou Ferreiro.

Gañadores do Premio autonómico Buero

O Ruiseñor acaba de ser coñecedor dunha gran noticia: ha resultados vencedora dos Premios Buero autonómicos, vertente non escolar, nas categorías de:

  • Mellor obra: "As esposas alegres de Windsor"
  • Mellor dirección: Susana Crespo
  • Mellor actor: Adrián Reiriz
  • Mellor actriz: Raquel García

O alcalde aproveitou o acto para homenaxearlles. Os nenos, a directora, e Fernando Moares, cofundador da compañía, mostráronse emocionados polo recoñecemento do Concello.

A concelleira de Cultura enxalzou o traballo do Ruiseñor e asegurou que o Concello sente orgulloso de contar con cullerdenses que conseguisen esta fazaña.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina