A unión de Teletaxi e os profesionais de Culleredo posibilita unha mellora do servizo

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, realizou esta mañá unha visita ás instalacións de Teletaxi, na Coruña, para analizar cos responsables da asociación a marcha do convenio subscrito entre os taxistas de Culleredo e a propia asociación coruñesa para dar servizo ao municipio. En concreto, na reunión de traballo analizáronse aspectos relacionados co desenvolvemento do convenio, os servizos que se prestaron, as dificultades que puideron xurdir na posta en marcha do acordo e as medidas a adoptar no futuro para mellorar o servizo.

Sacristán destacou que a reunión foi "moi frutífera". Nela se puido comprobar, polos datos que se puxeron enriba da mesa, que "existe unha moi boa sintonía entre as dúas asociacións e os concellos da Coruña e Culleredo na hora de desenvolver o convenio subscrito". O primeiro edil manifestou que non existe ningunha dificultade no funcionamento do servizo, todo o contrario: constatouse unha mellora da atención á cidadanía xa que "en vinte segundos se lle dá unha resposta á persoa que fai uso do servizo".

Tamén se analizou a posibilidade de poñer en marcha un novo sistema nas paradas dos taxis que permita, ao premer un botón, solicitar un servizo sen necesidade de chamar á central. Este sistema redundaría nas persoas usuarias e atenderíase de igual forma que se fai nestes coas chamadas.

Durante a xornada de traballo analizáronse tamén os servizos que se efectuaron durante estes primeros catro meses do ano. En total, houbo 26.732 servizos dos que 22.920 foron realizados por profesionaiss de Culleredo e 3.812 por taxistas da Coruña. Nesta relación non están incluídos os servizos que se realizaron no aeroporto.

Sacristán destacou que desde que puxo o GPS se notou "un incremento dos servizos, próximo ao 20%, e unha atención á persoa usuaria moito máis rápida e inmediata".  O alcalde lembrou que a intención do seu goberno de ampliar en cinco o número de licenzas de taxi a curto prazo. Neste sentido, o Concello está á espera da autorización por parte da Xunta para poder realizar esta ampliación. Tras este incremento, tendo en conta o crecemento de poboación, de cara a un futuro, o Concello non descarta que teña que realizar outra ampliación noutras cinco licenzas.

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina