Culleredo programa un taller para ensinar a reducir a factura da luz

O Concello de Culleredo, consciente do esforzo económico que supón para os veciños facer fronte á factura de electricidade, propúxose apoiar aos cidadáns cunha iniciativa para que traten de reducir este importante gasto doméstico. Despois da iniciativa formativa realizada hai dous meses en Vilaboa, que xuntou a decenas de veciños interesados, o Concello leva o taller á zona rural.

O goberno municipal, a través da Concellaría de Sanidade, organiza, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller baixo o título de "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila".

A actividade, que se enmarca no convenio de colaboración que o Concello ten con ADICAE desde o ano 2013, ten como finalidade a prevención da denominada exclusión enerxética na que se poidan atopar familias cullerdenses.

Ademais, ofrecerase orientación aos asistentes para reducir os seus gastos enerxéticos na vivenda, constituíndo unha medida máis de aforro doméstico.

A iniciativa terá lugar o xoves 24 de abril na Reitoral de Celas, ás 18.00 horas, e será impartida por Verónica Pazos, técnica de consumo da asociación. Ten un carácter aberto e gratuíto.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina