O Concello elixiu a idea para a rehabilitación do Edificio de Servizos Múltiples

A rehabilitación integral do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo xa colle forma. O goberno de Culleredo encargou a varios estudos de arquitectura o deseño de ideas para posteriormente redactar o proxecto construtivo. O estudo de Alberto Galego Núñez resultou o gañador pola súa elevada puntuación técnica.

O Concello, por tanto, acaba de adxudicar a este estudo a elaboración do proxecto, cunha contía de 18.000 euros. Estímase que a reforma do Edificio de Servizos Múltiples terá un orzamento duns 800.000 euros, procedentes de parte do remanente de tesouraría, unha vez que o Goberno do Estado permitiu aos Concellos con boa situación económica destinalo a investimentos.

A mellora da funcionalidade do edificio é a que empuxou a que esta idea levase unha maior puntuación dos técnicos municipais. Servizos Múltiples experimentará unha total redistribución de espazos para gañar en comodidade e en aproveitamento.

As escaleiras interiores será eliminadas, deixando só as exteriores, emprazadas xunto ao ascensor. Isto permitirá que as plantas altas dispoñan de maior superficie.

En cada unha das plantas crearanse 4 salas, ademais das oficinas municipais, a biblioteca coa súa sala infantil, os despachos, cafetaría, ou salón de actos. Precisamente, a entrada ao salón de actos verase especialmente modificada. Crearase un vestíbulo para mellorar o acceso, que será compartido coa aula situada hoxe na súa entrada, que pasará a ser independente.

A cafetaría cambiará de localización, pasando a atoparse xunto á entrada do salón, o que facilitará o seu uso. As oficinas municipais emprazaranse na á onde hoxe está a cafetaría.

Ademais da funcionalidade, outros criterios valorados no concurso foron o programa de traballos, o equipo técnico e a eficiencia enerxética prevista para a dependencia. Neste sentido, Servizos Múltiples contaría con iluminación mediante tecnoloxía LED e con caldeira de biomasa.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, apunta que este edificio constitúe o principal centro municipal na zona urbana, acollendo unha rica programación cultural e oficinas municipais, coa recente apertura do rexistro. O edificio, con máis de 25 anos de vida, demanda unha reforma completa para modernizalo e adaptalo ás necesidades dos usuarios.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina