O Concello abre o luns 21 a solicitude de prazas nos campamentos de verán

O Concello de Culleredo informa do procedemento de matrícula para os campamentos urbanos de verán, ante o interese transmitido polos veciños interesados nas actividades. Desde o luns 21 e ata o mércores día 30 de abril, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo para a solicitude de prazas nos campamentos que cada verán organiza a Concellería de Educación.

Nesta edición, décimo quinta, os campamentos desenvolveranse desde o 23 de xuño ata o 29 de agosto. Nos campamentos poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean cursando actualmente desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria.

Terán preferencia na adxudicación de prazas as familias empadroadas no concello e que acrediten necesidade de conciliación.

Está previsto que os campamentos se realicen nas instalacións cedidas polos centros escolares Díaz Pardo, Ría do Burgo e Sofía Casanova e nos polideportivos municipais de Vilaboa e do Ría do Burgo.

Como cada ano, o horario de campamento será de 9:00 a 14:00h e ofertarase un servizo complementario de xantar de 14:00 a 15:30h.

Os campamentos son espazos lúdico-didácticos onde se traballan valores de respecto, tolerancia, coeducación, non-violencia, hábitos saudables, a través de actividades como xogos, deportes, confección de disfraces, construción de instrumentos musicais, pintado de murais, creación de esculturas…

A solicitude de praza deberá formalizarse nas oficinas do Servizo municipal de educación, situadas en Vila Melania, 44, Vilaboa, en horario de 9:00 a 14:00h.

Vista previaAdxuntoTamaño
campamentos_solicitude_prazas.pdf344.01 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina