Escritos para presentar no rexistro da Xunta de Galicia demandando a construción do novo instituto

O Concello de Culleredo pon á disposición das nais e pais de escolares, e da veciñanza en xeral, os rexistros elaborados polas ANPA para presentar mañá martes, 9 de abril, no rexistro xeral da Xunta de Galicia. O obxectivo é demandar masivamente a construción do comprometido e necesario instituto de Educación Secundaria por parte da Xunta.

As asociacións de Nais e Pais dos colexios Isaac Díaz Pardo, Ría do Burgo, Sofía Casanova, Tarrío e Ponte Pasaxe, e do IES Blanco Amor, acordaron o pasado xoves en reunión con máis de 150 nais e pais realizar esta primeira medida para esixir a licitación do futuro instituto.

As asociacións animan a todos as nais e pais de escolares do Concello a acudir mañá en conxunto para rexistrar estes dous escritos, un para o conselleiro de Educación e outro para o presidente da Xunta de Galicia. As ANPA convocan este acto ás 11.00 horas no Edificio Administrativo da Xunta na Coruña, en Monelos e pola tarde ás 17.15 horas.

Para facilitar a asistencia ao rexistro, o Concello, a solicitude das nais e pais, disporá de autobuses. Pola mañá sairán ás 10.00 horas de Tarrio, percorrendo o restantes centros de camiño á Coruña. Pola tarde haberá un bus que sairá ás 17.00 horas de Servizos Múltiples do Burgo.

O Concello de Culleredo apoiará e respaldará as medidas que adopten as nais e pais para loitar por esta imprescindible construción dun novo IES, que solucione a saturación que padecen as aulas do Blanco Amor. As previsións de crecemento do alumnado fan que a data de apertura do novo centro teña que producise en 2015, para o que o Concello e as ANPA demandan a licitación inmediata das obras, que a Xunta fixara para marzo, sen que finalmente se producira.

Vista previaAdxuntoTamaño
escrito_presidente_xunta_para_pedir_ies.pdf49.52 KB
escrito_conselleiro_para_pedir_ies.pdf49.89 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina