Culleredo celebra o venres a cea conmemorativa do Día da Muller

O Concello de Culleredo prepara a tradicional celebración en defensa do papel da muller.  Desde o ano 2012, as asociacións de mulleres cullerdenses retomaron a organización da tradicional Cea do Día da Muller, con motivo da súa conmemoración, celébrase desde hai 18 anos.

Este ano a cea-baile terá lugar o venres 7 de marzo ás 21.30 horas e será, como nas anteriores edicións, no Pazo de Vilaboa. O Concello informa de que son as propias asociacións as que fan as inscricións e recadan o diñeiro do evento (25 euros).

O prazo de inscrición remata o 4 de marzo. Os medios para anotarse son os seguintes:

  • Asociación A Xeca (Vilaboa, detrás da oficina de Correos). Teléfono: 661 910 585
  • Asociación Rosalía de Castro (Edificio de Servizos Múltiples do Burgo). Teléfono: 639 513 466
  • Asociación Alancada (Tarrío). Teléfono: 607 180 712

O Concello de Culleredo quere animar a todos os veciños cullerdenses a asistir a este acto que está concibido para reafirmar o papel da muller en Culleredo e na sociedade en xeral. A concelleira de Sanidade e Muller, Penélope López, apunta que segue sendo moi necesario facer "un recoñecemento á loita diaria que levan as mulleres por conseguir unha igualdade efectiva".
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina