Culleredo conta con 12 puntos para depositar aceite de cociña usado

Os veciños de Culleredo dispoñen desde as pasadas semanas dun novo servizo para o depósito de aceite de cociña usado, un dos residuos máis contaminantes e á vez máis habituais en calquera vivenda.  Trátase dun servizo que ofrece o Concello a través do Consorcio As Mariñas, entidade comarcal que xestiona o tratamento de residuos sólidos urbanos.

O goberno de Culleredo elixiu as zonas máis concorridas do municipio para a colocación dos colectores onde os veciños poden depositar o aceite, en botellas pechadas. As localizacións son as seguintes:

  • Rúa As Brañas (Fonteculler)
  • Rúa Salvador Allende (Acea de Ama)
  • Avenida de Rutis (Acea de Ama)
  • Praza de Europa (O Burgo)
  • Rúa Anxo Senra (O Burgo, zona da Cros)
  • Costa da Lonxa (O Burgo)
  • Rúa Amparo Lopez Jean (A Corveira, xunto á Glorieta do Peregrino)
  • Rúa Roi Xordo (zona Igrexa de Vilaboa)
  • Rúa Condes de Andrade (Vilaboa)
  • Nacional 550, fronte a Vila Melania (Vilaboa)
  • Rúa Pablo Iglesias (Vilaboa)
  • Praza Sagrada Familia (Vilaboa)

O goberno local destaca que este servizo supón unha importante facilidade para os residentes para desfacerse dun residuo moi contaminante e que pode xerar moitas molestias de ser vertido polos fregaderos. Malos cheiros, presenza de roedores ou avarías son algúns dos problemas causados por esa práctica. Ademais, a chegada de aceite ás depuradoras dificulta o seu correcto funcionamento.

En canto aos seus niveis de contaminación calcúlase que un litro de aceite de cociña usado chega a contaminar 1.000 litros de auga. Agora, con este novo servizo, unha empresa xestora do residuo recolle as botellas dos colectores e propicia a súa reutilización como biocombustible.

O equipo de goberno resalta que este novo servizo non leva ningún tipo de custo adicional para os veciños nin tampouco para a administración. O Concello considera que se trata dunha iniciativa que beneficia aos veciños e á vez impulsa a reciclaxe e preservación do medio.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina