O Concello de Culleredo reduce as taxas para a inspección técnica de edificacións

O Concello de Culleredo acaba de aprobar varias modificacións nas súas ordenanzas fiscais, coa finalidade principal de facilitar as tramitacións urbanísticas aos veciños. No pasado pleno, o goberno municipal impulsou unha importante redución na inspección técnica de edificacións.

Tratouse dunha variación da ordenanza fiscal número 6. O Concello cambiou varios epígrafes para reducir taxas e mellorar os conceptos. En concreto, a inspección técnica de edificacións, tanto de vivendas unifamiliares como de pisos, queda establecida en 50 euros, contía sensiblemente inferior aos 300 euros marcados ata agora.

No caso das inspeccións de naves industriais ou locais comerciais, o Concello fixa agora a taxa en función dos metros cadrados de superficie que ten, a razón de 0,50 euros por metro cadrado.

Tamén na actualización desta ordenanza o Concello baixou as contías correspondentes aos expedientes de declaración de ruína de inmobles.

O Boletín Oficial da Provincia recolleu o venres esta decisión adoptada en pleno o mes pasado. Queda aberto un prazo de exposición ao público durante os próximos 30 días hábiles, a contar desde o pasado sábado

Tamén queda a exposición pública o cambio na ordenanza número 16, referida ás licenzas urbanísticas ou actividades de control nos supostos de declaracións responsables ou comunicacións previas, que ve reducida a taxa pola reforma ou acondicionamento de locais. O equipo de goberno eliminou o epígrafe sobre esta actividade, cifrado en 836 euros ata agora, incluíndoa nos epígrafes de obras que se reformularon.

Desta forma, as reformas de locais, do mesmo xeito que resto de obras, teñen unha taxa proporcional co orzamento da actuación. Oscilará entre os 32,90 euros para orzamentos menores a 3.005,06 euros e os 250 euros para orzamentos superiores 18.030,36 euros, con varios rangos polo medio.

Así, un veciño que quere reformar un local disporá de taxas sensiblemente inferiores, e relativas ao montante da súa actuación.

O goberno municipal considera que ambos os cambios, que non non substanciais para as arcas municipais, favorecerán moito aos veciños que entren nestes supostos.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina