Inaugurada no xardín botánico a exposición en recordo de Moncho Valcarce

O Concello de Culleredo inaugurou a exposición "Moncho Valcarce. Unha vida de compromiso con Galicia", un dos actos de homenaxe ao que foro cura de Sésamo e Sueiro e concelleiro cullerdense. A mostra recorre a vida de Valcarce mediante diferentes paneis.

Estará instalada ata sábado 1 de febreiro na aula de Natureza do xardín botánico do Burgo. Poderá visitarse de luns a sábado en horario de 18.00 a 21.00 horas, e os sábados pola mañá ademais de 11.00 a 13.30 horas.

A inauguración contou coas intervencións de Julio Sacristán, alcalde de Culleredo, e Ramón Muñiz das Cuevas, da Irmandade Moncho Valcarce, que lembraron a destaca figura de Moncho Valcarce tanto na loita polos dereitos dos veciños como no seu papel de concelleiro.

O acto acolleu tamén un recital poético no que participaron Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor; Pilar Pallarés García, poeta; Olga Patiño, poeta e profesora; Xullo Lago, actor e director teatral; e María Barcala, actriz.

Como punto final, tivo lugar unha actuación musical con profesoras e alumnas do Conservatorio de Música de Culleredo, co seguinte programa:

  • Concertino, de Karl María von Weber, a cargo de Pilar Fernández Salgueiro, piano, e Clara Inés García, clarinete.
  • Lela para frauta travesera e piano, de Rosendo Mato, con Pilar Fernández Salgueiro, piano, e Paloma Catalá, frauta.

O seguinte acto desta homenaxe que organiza a Concellería de Cultura xunto coa Irmandade Moncho Valcarce será a presentación do libro "Moncho Valcarce. Un símbolo para Galicia. Diarios inéditos e outros textos". Terá lugar o mércores 29 de xaneiro na Sala de Vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ás 20.00 horas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina