O teatro arrasa en Culleredo con 3.000 espectadores nos espectáculos de Nadal

As festas do Nadal constatan o gran interese que suscita o teatro en Culleredo. O Concello deseñou unha ampla programación cultural na que sobresaía a oferta teatral para todos os públicos, aínda que estaba pensada especialmente para o público infantil.

Completado o programa, o balance constata a boa saúde da que goza esta manifestación artística en Culleredo. O conxunto de obras representadas alcanzou a cifra de 3.000 espectadores nas dúas semanas que se prolongou a oferta cultural municipal.

A compañía de teatro El Ruiseñor foi a principal protagonista deste éxito. Trátase do grupo co que traballa a Concellaría de Cultura para o desenvolvemento das actividades de teatro e foi o encargado de levar a cabo dous dos actos principais da programación, as galas de Nadal e de Reis, ademais de ofrecer os seus propios espectáculos.

O Ruiseñor logrou colgar o cartel de aforamento completo nos seus 9 espectáculos incluídos na programación municipal, representados no auditorio do Conservatorio:

  • Obra de teatro "Pintapaleta" (dúas funcións)
  • Obra de teatro "O sentimento xoga ao escondite" (dúas funcións)
  • Gala de Nadal, en conxunto coa coral Fonte do Souto
  • Obra de teatro "Un conto de Nadal" (estrea, dúas funcións)
  • Gala de Reis "Érase unha vez o Nadal" (dúas funcións)

O último dos espectáculos, a Gala de Reis, entusiasmou ás decenas de pequenos presentes no auditorio. No medio da actuación, a aparición do Carteiro Real permitiu a recollida das cartas aos Reyes dos nenos.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, atribúe o éxito das actuacións á "excelente calidade" do traballo dos responsables de El Ruiseñor e do seu máis dun centenar de participantes, de todas as idades. A edila destaca que ademais do seu labor artístico, a compañía promove unha educación en valores que a converten nunha auténtica "escola de vida".

Ademais dos espectáculos do Ruiseñor, a programación do Nadal do Concello contou tamén con outras obras de teatro que espertaron tamén o interese dos veciños:

  • Teatro Elefante Elegante: "Nuncabunga"
  • Teatro do Andamio: "Miau!!" (teatro para bebés)
  • Teatro do Andamio: "A verdadeira historia da cigarra e a formiga"

Os contos tamén tiveron o seu espazo con talleres de contos e contacontos interpretados pola Dragona Ramona, mascota das bibliotecas cullerdenses.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina