El Ruiseñor e a coral Fonte do Souto encheron o auditorio na Gala de Nadal

Cheo absoluto no auditorio do Conservatorio Municipal de Música na Gada de Nadal do Concello de Culleredo. Un gran espectáculo de carácter interxeneracional que combinou a excelencia artística da compañía de teatro El Ruiseñor coas impresionantes voces da coral Fonte do Souto.

Dúas propostas que por si soas non paran de obter éxito pero que a pasada semana uniron as súas virtudes ofrecendo un espectáculo que desatou a admiración dos máis de 200 asistentes.

Artistas de todas as idades conformaron este espectáculo. Houbo desde nenos de 4 anos ata octoxenarios da coral. Durante a función, unha conxugación entre a teatralidade e as cancións dos maiores.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca o gran éxito desta fusión orixinal entre dúas agrupacións "que alcanzan a excelencia non seu ámbito". A edila explica que o Concello aposta por potenciar o traballo dedicado das asociacións e entidades locais para ofrecer "alternativas de lecer e calidade para todos os públicos".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina