O Concello duplica as prazas do Curso de Micoloxía

Os cogomelos están de moda en Culleredo. Cada ano son máis os veciños interesados en participar nos cursos de micoloxía que organiza o Concello. Por iso, este ano, o goberno municipal decidiu duplicar as prazas creando dúas edicións da actividade e así satisfacer as peticións recibidas.

O dous cursos, de catro días de duración cada un, celebraranse no mes de novembro. A primeira edición, do 6 ao 9 no pazo de Vila Melania de Vilaboa, e a segunda, do 13 ao 16 na reitoral de Celas de Peiro.

O XIX Curso de Micoloxía, organizado desde a área municipal de Biodiversidade enmarcada na Concellaría de Promoción Económica e Formación, ten como obxectivo que as persoas participantes aprendan a recoñecer, buscar e identificar os cogomelos.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, destaca que os cursos combinan tanto a teoría coa práctica para impartir "todas as competencias" necesarias na materia. A parte práctica desenvolverase o último día de cada curso e consistirá nunha saída ata o municipio de Curtis onde os participantes porán en práctica os coñecementos adquiridos na parte teórica, mediante a recollida dos cogomelos, sempre baixo a supervisión do docente do curso.

O horario das sesións teóricas será 20.00 a 21.30 horas. A saída do sábado celebrarase desde as 9.30 ata as 14.30 horas, realizándose o desprazamento ata Curtis en autobús. O custo do curso é de 10 euros.

O Concello oferta 55 prazas para cada curso, é dicir 110, por estrita orde de inscrición (as persoas empadroadas en Culleredo terán preferencia). Só se poderá participar nun dos dous cursos.

Iglesias resalta o "gran esforzo" levado polo Concello para levar a cabo este ano unha segunda edición do curso de micoloxía. "Constatamos un enorme interese polo mundo dos cogomelos e decidimos pór os medios para atender a máis veciños", afirma.

A edila apunta que o desexo dos cidadáns non é soamente coñecer a micoloxía, senón adquirir coñecementos para poder levar á práctica polos prolíferos montes da zona.

Para facer a inscrición pódese contactar coa Concellaría no Centro de Formación e Emprego "Pablo Picasso" do Burgo (teléfono 981 664 204).

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina