O Concello constrúe beirarrúas na rúa Xafontes de Vilaboa

O Concello de Culleredo amplía as zonas reservadas para peóns en Vilaboa. Neste caso, o goberno local ultima a construción de beirarrúas na rúa Xafontes, entre a Nacional 550 e a ponte que pasa encima da autoestrada AP-9, na marxe dereita.

Trátase dun viario que é especialmente utilizado polos veciños de Vilaboa, Laxe ou Conduzo, discorrendo en paralelo á AP-9, desde o centro do núcleo urbano. O goberno de Culleredo acomete a actuación dando resposta ás peticións dos veciños da zona, dado que a rúa carecía de beirarrúas no tramo.

Con estas obras completarase a remodelación da vía, que xa viu o seu firme renovado entre a mencionada ponte e o cruzamento coa estrada de Conduzo, treito que presentaba unha maior necesidade de mellora. O Concello destinou 20.700 euros a este proxecto.

Con esta mesma intención de mellora da seguridade viaria e das condicións en determinados puntos da rede viaria municipal, o Concello de Culleredo deseñou un amplo plan de arranxo de beirarrúas, centrado nos núcleos urbanos do municipio, actualmente en execución. O proxecto inclúe tamén a reparación daquelas zonas de estacionamento de vehículos que así o requiren, puntos polos que tamén pasan os veciños a pé.

Os diferentes puntos a mellorar foron localizados polos servizos municipais ou transmitidos polos veciños.  Este plan desenvolverase durante os próximos 6 meses nas parroquias do Burgo, Rutis e Almeiras. En total, o proxecto, cun orzamento de 24.300 euros, inclúe a reparación de 463,69 metros cadrados de superficie de beirarrúas do municipio e de 310,92  metros cadrados de pavimento de zonas de aparcadoiro.

O goberno de Culleredo ten clara que as obras para incrementar a seguridade viaria deben constituír unha das prioridades nas actuacións municipais. E dentro deste ámbito, a dotación de garantías para os peóns supón unha das áreas principais de traballo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina