O Concello reforma o parque Sofía Casanova de Vilaboa

O parque Sofía Casanova, de Vilaboa, prepárase para adquirir unha nova cara. O Concello de Culleredo executa as obras de reforma do espazo con obxecto de mellorar as súas prestacións, a petición dos veciños da zona que frecuentan a diario a zona para a práctica deportiva, pasear ou levar aos nenos.

Os traballos consisten, en primeiro lugar, na limpeza e saneado de todo o recinto. O proxecto permitirá o arranxo de todos aqueles puntos danados, como diversas zonas que se soltaron na pasarela ou as táboas de madeira, que serán substituídas e instaladas novas cun lacado brillante que melloren ademais a estética.

O Concello renovará así mesmo o céspede sintético do espazo para que se poida usar para o xogo de forma segura. Serán 406 metros cadrados de firme deste tipo os que se colocarán. Así mesmo instalaranse novas redes e aros. Non en balde trátase dunha das escasas pistas de herba artificial da comarca.

O proxecto incluirá tamén a roza de 1.500 metros cadrados de céspede natural. Nel plantaranse árbores e arbustos e colocaranse diversos elementos de mobiliario urbano.

O goberno municipal destina 50.000 euros a esta actuación, cofinanciados pola Deputación da Coruña. A obra xa comezou e estará lista en breve prazo, xa que o prazo de execución é dun mes.

O goberno de Culleredo programou esta actuación na súa política de destinar os principais investimentos ás infraestruturas básicas e actuacións prioritarias para os veciños. O espazo foise deteriorando conforme o paso do tempo, e dado que se trata dun lugar moi utilizado por familias e pequenos cullerdenses, o Concello apostou pola súa renovación.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina