Avalancha de matrículas na primeira xornada de inscrición nas actividades culturais e deportivas

O Concello de Culleredo recibiu na mañá de hoxe unha avalancha de matrículas para a programación de actividades culturais deportivas, cuxo prazo se abría hoxe. Centos de persoas acudiron desde primeira hora da mañá ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo para facerse cunha praza nalgunha das decenas de variedades ofertadas.

Ao mediodía, a Concellaría de Cultura rexistrara un total de 450 matrículas. De feito, hai varias modalidades coas prazas cubertas: Pilates, Confección no Burgo, Informática para nenos, Iniciación á Fotografía e Iniciación á Guitarra.

Nestes dous últimos casos, o Concello duplicou este ano a oferta, diferenciando entre grupos de iniciación e perfeccionamento, e xa en 5 horas cubríronse dúas do catro grupos. É unha mostra do interese sobresaliente mostrado hoxe polos veciños na programación de actividades do Concello, que este ano estrea novas posibilidades e amplía prazas, apunta Alicia Ferreiro, concelleira de Cultura.

De feito, esta avalancha xa na primeira xornada de apertura da inscrición nunca se produciu en Culleredo. Unha programación actualizada e buscando actividades de interese e en auxe pode ter a explicación deste éxito.

De todos os xeitos, o goberno municipal anuncia que ampliará as prazas daquelas actividades con maior demanda, a condición de que sexa posible cadrar a creación de novos grupos cos horarios de ocupación dos espazos. A matrícula seguirá aberta até o día 30.


Oferta

Así, o Concello conta como gran novidade coa actividade de "zumba", que se desenvolverá en tres grupos no Burgo e Vilaboa. Únese así ao ioga, pilates e ximnasia de mantemento como principais alternativas deportivas para os adultos.

A patinaxe artística é outra das novidades, tanto para nenos como para adultos. A estes últimos, o Concello impartirá un curso de iniciación. Os pequenos tamén contarán como actividades deportivas ao fútbol sala, a ximnasia rítmica e o karate. Completa a oferta o xadrez, para ambas as categorías.

No ámbito cultural, a informática volverá ser a actividade que reúna a máis participantes. Os bailes de salón, as manualidades, o óleo, e a confección serán as seguintes modalidades previsiblemente máis concorridas.

Non se esquece o Concello dos idiomas, incluíndo clases de inglés, en niveis de iniciación ou perfeccionamento, nin da fotografía dixital, que duplica as súas prazas dada a aceptación lograda o pasado curso, que finalizou cunha exposición dos alumnos no xardín botánico.

A música terá tamén as súas posibilidades, con clases de guitarra e de gaita, tanto para adultos como para nenos. En canto a bailes, ademais dos mencionados de salón, os adultos contarán cunha nova opción: o tango arxentino. Únese ao baile galego, e ao moderno e contemporáneo que gozarán os pequenos.

O goberno municipal resalta que os prezos das actividades, adaptados á situación actual. A asistencia a unha actividade todo o ano é de 70 euros para menores de 18 anos e de 80 euros para adultos (curso completo en todos os casos). En caso de asistir a máis dunha actividade ou contar con varios membros da unidade familiar, a cota baixa a 60 euros por actividade.

Ferreiro destaca o "esforzo" do Concello en ampliar a oferta cultural coa situación económica actual. "Cremos que a cultura e deporte seguen sendo fundamentais para ou benestar do veciño e por iso cada ano tratamos de aumentar as opcións e adaptarnos ás necesidades", afirma.

A maiores das modalidades incluídas nesta oferta, o Concello ofrece outras actividades culturais e deportivas de gran aceptación, en colaboración con agrupacións do municipio. É o caso do teatro ou a natación.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina