O goberno de Culleredo incluíu ás Bibliotecas Municipais entre as opcións de actividades de verán de que dispuxeron os veciños. A sala infantil da Biblioteca do Burgo levou a cabo un programa de talleres durante todos os mércores dos meses de xullo e agosto.
A Concellaría de Cultura deseñou unha variada programación, baseada principalmente no ámbito das manualidades, dirixida para nenos e nenas maiores de 5 anos de idade.
Onte, mércores 28, tivo lugar o último dos obradoiros programados, neste caso sobre plastilina. A actividade logrou un cheo total, como todas as celebradas, unha mostra do gran interese alcanzado entre os cidadáns.
As iniciativas incluídas na programación, ademais da plastilina, foron a construción dun gran paxaro de cores, a construción dun acuario, creación de monicreques, árbores de papel ou un teatrillo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER