O Concello limpa de forma subsidiaria as fincas de propietarios que fan caso omiso aos requerimentos

Mellorar as vías municipais e limpar as fincas próximas a vivendas que se atopan en mal estado e cuxos propietarios non atenderon os requirimentos realizados desde o Concello son as dúas actuacións que forman parte dos traballos que está a levar a cabo o goberno local dentro da campaña anual de rozas co fin de manter nun estado óptimo de visibilidade e seguridade as vías de titularidade municipal. A campaña ten como obxectivo evitar incendios e mellorar a seguridade viaria.

Neste ano 2013 esta Campaña cobra especial relevancia debido a que, como consecuencia das intensas choivas do pasado inverno e primavera, hai gran cantidade de vexetación nas marxes dos viarios o que incrementa aínda máis o risco de incendios coa chegada das altas temperaturas.

Están a desenvolverse de forma progresiva entre os meses de maio e agosto nas distintas zonas do municipio. En primeiro lugar efectuouse nas zonas urbanas e semiurbanas, polo seu maior índice de perigo, ao afectar a zonas densamente poboadas. Actualmente estase traballando nas zonas cunha tipoloxía máis rural.

As rozas das marxes fanse con tractores provistos de brazos desbrozadores nun ancho de 2-3 metros en función do tipo de viario e segundo necesidades. Estas rozas complementaranse mediante un repaso manual con rozadoras de fío, en zonas de sinais e debaixo das biondas. Eliminarase toda a vexetación espontánea existente en cunetas para garantir a seguridade dos usuarios e o bo funcionamento dos sistemas de drenaxe da mesma.

Así mesmo estase procedendo polo procedemento de execución subsidiaria á roza e limpeza de leiras privadas, nos casos en que os propietarios das mesmas sexan descoñecidos ou fixesen caso omiso dos oportunos requirimentos. Nestes casos procederase a reclamar o pago por vía executiva.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina