O Concello recuperará o paseo fluvial do Mero

O goberno de Culleredo levará a cabo un proxecto de recuperación do paseo fluvial do río Mero ao seu paso pola parroquia de Almeiras. A senda atopábase intransitable, ao estar invadida pola maleza, polo que o Concello decidiu asumir o mantemento e acondicionala para o uso veciñal.

O Concello acaba de executar unha primeira fase desta actuación coa roza inicial da contorna do paseo. Agora xa resulta accesible pero é aínda necesaria unha segunda fase do proxecto que acondicione a ruta para garantir a mobilidade por parte dos usuarios.

Será nunha superficie de 28.300 metros cadrados que ten o paseo do Mero polo lado de Culleredo onde leve a cabo a recuperación. A senda discorre desde as proximidades do antigo solar de Bunge até a estación de tratamento de auga da Telva, en paralelo ao río Mero.

Esta primeira fase da actuación xa puxo á vista o mobiliario urbano que acompaña ao paseo, con mesas e bancos de madeira. Así mesmo, existen dúas pontes peonís que conectan os paseos das dúas beiras do curso fluvial.

O goberno municipal emprenderá o acondicionamento do paseo para pór a disposición dos veciños un recurso natural cos que conta o municipio. Trátase dunha senda idónea para camiñar, correr ou circular en bicicleta.

Unha vez recuperada, o Concello de Culleredo efectuará un mantemento periódico da ruta, que será incluída dentro das zonas verdes que debe coidar a empresa concesionaria dos traballos. Así, o paseo fluvial de Almeiras unirase a espazos como o paseo marítimo do Burgo ou o paseo do río Trabe como puntos verdes preparados para o goce dos cidadáns cullerdenses.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina