Cambio na xestión do lixo nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte

O Concello de Culleredo informa os residentes nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte do cambio na xestión dos residuos. Desde agora, os veciños deben depositar o lixo nos novos colectores instalados na avenida de Ribados. Os colectores soterrados da confluencia de Hersa e Sanjurjo de Carricarte quedaron precintados e fóra de uso.

Trátase dunha medida acordada entre os veciños e o Concello de Culleredo para evitar a entrada dos camións nas rúas peonís e que danen o firme, como xa sucedeu e obriga agora á renovación das baldosas danadas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Narciso Marzoa, indica que xa está en funcionamento un recinto específico na avenida de Ribados. Alberga por agora 12 colectores de inorgánico, 4 de orgánico e un de papel e cartón, aínda que se pode incrementar o número se é necesario, apunta.

Este novo recinto dará tamén servizo a parte dos residentes en Costa dá Lonxa, ao concentrarse neste novo recinto os puntos de recollida, sinala Marzoa.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina