O Concello comeza en Rutis a roza de 282 estradas de todas as parroquias

O Concello de Culleredo inicia un plan de acondicionamento da rede viaria mediante a roza das estradas municipais de todas as parroquias. Os traballos comezaron pola parroquia de Rutis, no núcleo de Vilaboa, e nas próximas semanas estenderanse ás restantes parroquias.

O plan de traballo efectuado contempla que nos próximos días, terminado Rutis, limparase O Burgo e Almeiras para proseguir nas semanas sucesivas por todas as parroquias.

O goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Medio Ambiente, Obras e Servizos, planificou uns traballos de roza que abarcarán a 164 quilómetros de 282 estradas municipais situadas en todas as parroquias. Serán 656.353 os metros cadrados de vías que se acollerán neste plan de limpeza do Concello.

Os traballos estenderanse durante polas diferentes parroquias, aínda que Celas, con 29,58 km; Veiga, con 25,59 km; Rutis, con 25,03 km; e Culleredo con 18,67 km son as que albergarán un maior número de intervencións.

A roza das vías municipais abarcará a 2 metros aos dous lados da calzada, que ascenderán a 3 se a pendente da cuneta supera os 45 graos. Incluirá a limpeza e eliminación de maleza, tocones, madeiros caídos, lixo e vexetación en xeral.

O plan contempla tamén a roza das parcelas de titularidade municipal. O Concello conferirá prioridade a aquelas que se atopan próximas a vivendas.

O goberno de Culleredo aposta por levar a cabo este plan dado que se trata da época do ano onde existe maior necesidade polo crecemento da vexetación e é necesario evitar que invada a calzada, ademais da prevención dos lumes forestais. O investimento municipal rolda os 40.000 euros.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina