O festival BurgoJazz chega á XIII edición do 4 ao 8 de xullo

O festival BurgoJazz chega á súa XIII edición centrado na promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero. Serán cinco xornadas que levarán a grupos emerxentes ao xardín botánico do Burgo.

Os recitais organizaranse ao aire libre, dentro do recinto. Desta forma, o Concello aproveitará as excelentes previsións climatolóxicas para crear unha atractiva oferta de lecer. Así, as persoas que paseen polas proximidades xa escoitarán os acordes e voces e poderán unirse ao concerto.

As actuacións terán lugar ás 21.00 horas. Os grupos que participan son:

  • Xoves 4: Big Band do Conservatorio de Culleredo / Jazz Tenders
  • Venres 5: Cuarteto Avalon
  • Sábado 6: Narci Rodríguez Standards Quintet
  • Domingo 7: Voando libre - Balcanic night
  • Luns 8: Wilson & Friends


Unha das grandes novidades reside na participación por primeira vez no festival da Big Band do Conservatorio. Desta forma, o Concello aposta por promocionar o traballo dun grupo creado no centro de formación municipal e con moito futuro no panorama musical.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a "calidade" dos artistas que participan nun festival que cumpre 13 anos con cheos en todos os concertos. "É un festival moi arraigado en Culleredo e que ademais axuda a dar a coñecer un xénero menos comercial de música", afirma. No evento colabora a Deputación da Coruña.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina