O Xardín Botánico do Burgo acollerá un obradoiro de fotografía ambiental

O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) organiza, coa colaboración do Concello de Culleredo, un obradoiro de fotografía ambiental, enmarcado no III Congreso Natureza e Imaxe. Terá lugar os vindeiros días 9 e 10 de maio no Xardín Botánico do Burgo.

O obxectivo do curso consiste en mellorar a toma de fotografías de natureza, sacando o máximo partido dos equipos. Será impartido por Fran Nieto, fotógrafo especializado en macrofotografía e paisaxe.

O horario do obradoiro é o seguinte:

  • Xoves 9, de 18.00 a 22.00 horas
  • Venres 10, de 18.00 a 21.00 horas

A inscrición custa 30 euros e para pode formalizarse a través da web www.ceida.org/formacion. O número de prazas é limitado e para participar é requisito dispoñer de equipo fotográfico dixital, cámara reflex ou compacta.

Para máis información pódese contactar co CEIDA en formacion@ceida.org ou no teléfono 981 630 618. A acción está patrocinada polo Consorcio As Mariñas.

Vista previaAdxuntoTamaño
obradoiro_de_fotografia_culleredo.pdf439.3 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina