O Concello celebra a XIII Semana do Libro cunha programación especial nas Bibliotecas

O Concello de Culleredo ofrece unha programación especial a vindeira semana con motivo da celebración do Día do Libro. Tratarase da XIII edición da denominada Semana do Libro, con iniciativas dirixidas tanto a público infantil e xuvenil coma adulto co obxecto de promocionar a lectura.

A XIII Semana do Libro combinará contacontos, con tertulias literarias, un achegamento á ciencia e un obradoiro de manga. Para a maioría das actividades é necesaria unha inscrición previa, polo que é necesario contactar coa Concellaría de Cultura, sita no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

O programa é o seguinte:

LUNS 22
Contaconto ilustrado: “Mira como cho conto”, a cargo de Xanela Ocio e Animación
B.M. O Burgo ás 18:30 horas.
A partir de 3 anos, entrada libre.

MARTES 23
Tertulia de Literatura e historia sobre o libro “La ladrona de libros”
B.M. Vilaboa de 19:30 a 20:30 h.
Adultos, entrada libre.

MÉRCORES 24
Tertulia de Literatura e historia sobre o libro “As rulas de Bakunin”
B.M. O Burgo de 11:30 a 12:30 h.
Adultos, entrada libre

“A ciencia é divertida”, a cargo de Nita
B.M. O Burgo
18:00 h. para nenos de 0-3 anos
19:00 h. para nenos 3-6 anos
Inscrición previa

XOVES 25
Obradoiro de manga, a cargo de GoChi
B.M. O Burgo ás 18:30 h.
A partir de 9 anos, inscrición previa.

VENRES 26
Obradoiro de contos "O conto da leiteira"
B.M. O Burgo ás 18:30 h.
De 4 a 8 anos, inscrición previa
 

Vista previaAdxuntoTamaño
actos_semana_do_libro.pdf125.32 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina