O Concello de Culleredo acollerá desde este venres, 19 de abril, a exposición do IX Certame de Artesanía Antonio Fraguas promovido pola Deputación da Coruña, en colaboración coa varios Concellos, entre os que se atopa o de Culleredo.
A mostra permanecerá instalada no Xardín Botánico do Burgo ata o 4 de maio. Para visitala pódese acudir en horario de 18.00 a 21.00 horas, de luns a sábado e de 11.00 a 13.00 horas tamén os sábados. A inauguración da mostra terá lugar este venres 19 ás 20.00 horas.
A exposición recolle as obras presentadas a este certame, que se organiza de forma bienal co obxecto de dar a coñecer o traballo dos artesanos galegos.
Unha cullerdense, Pilar Castiñeira, obtivo o primeiro premio na categoría de Artesanía Tradicional. A veciña do Burgo encadra a súa obra no bordado tradicional.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER