O Concello de Culleredo, pioneiro en Galicia na posta en marcha dunha aplicación para móbiles

O Concello de Culleredo estrea aplicación municipal para móbiles. Trátase do primeiro Concello galego en apostar por o desenvolvemento desta iniciativa, que permitirá ao cidadán un acceso inmediato á información municipal, así como interactuar co goberno local.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, presentou hoxe a aplicación, acompañado de responsables da empresa que a desenvolveu. De entrada foi elaborada para dispositivos Apple, nos que xa está en funcionamento pleno, pero nas próximas semanas estará a disposición tamén de terminais Android.

A aplicación consta de seis apartados fundamentais:

  • Novas. Ofrece a actualidade municipal, tanto a nivel de noticias coma de eventos de axenda ou de información do taboleiro municipal.
  • Fotos. Conxunto de fotografías dos principais espazos de Culleredo. A aplicación aproveita as funcionalidades nativas do terminal e permite no momento de ver unha imaxe, ben gardala, copiala o enviala por correo electrónico.
  • Directorio. Información de servizos dos diferentes departamentos municipais. Ofrece a posibilidade de chamar directamente e de observar a súa xeo posición, coa funcionalidade de enlazar co navegador do teléfono para chegar a el.
  • Culleredo. Reportaxe turístico do Concello. A aplicación está pensada tamén para posibles turistas e visitantes, coma un portal de entrada ao municipio.
  • Suxestións. Apartado para enviar suxestións, queixas o reclamacións ao goberno municipal.
  • Incidencias. Sección que promove a participación cidadá para a mellora do municipio. Os veciños poden reportar instantaneamente de calquera desperfecto que atopen nas rúas, enviando unha foto ou vídeo e describíndoa en texto para que o Concello tome cartas no asunto.

A aplicación complétase cun apartado sobre o Plan Dinamo, financiado con fondos europeos FEDER, programa que propiciou este desenvolvemento.

Ademais, conta con información sobre o estado meteorolóxico de Culleredo e unha saúda do alcalde.

O alcalde recoñeceu sentirse “orgulloso” de que Culleredo sexa pioneiro, entre os Concellos de Galicia, en contar cunha aplicación destas características. “Coido que terá unha grande aceptación entre os veciños, pois ten un funcionamento moi sinxelo e se pode obter moi rapidamente toda a información que se inclúe”, afirmou.

Resaltou o modelo de participación cidadá que impulsará a aplicación, dentro do chamado “open government”. “Suporá unha vantaxe para o veciño pero tamén para o Concello, para detectar necesidades no municipio”, sinalou en referencia á comunicación de incidencias.

Esta aplicación únese á administración electrónica que xa funciona en Culleredo. En breve, o Concello estreará páxina web renovada. “Queremos avanzar co ritmo que marca o cidadán e a tecnoloxía”, apuntou Sacristán.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina