Culleredo lanza 224 prazas de formación para desempregados

O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación cun obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 224 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.

O goberno municipal tivo en conta as necesaidades cambiantes dos postos de traballo á hora de configurar a oferta de accións formativas. A concelleira de Formación, Marta Iglesias, apunta e ao mesmo tempo que se procura a mellora da capacitación, “o plan está dirixido a formar na actualización e reciclaxe profesional”.

O plan de formación terá lugar durante os próximos meses no centro municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso”, situado no Burgo, na rúa Antonio Machado. As accións formativas incluídas son as seguintes:

CURSOS

  • Manipulador de alimentos.
  • Servizos de bar e cafetería: Técnicas básicas de servicio de bebidas e alimentos en barra.
  • Manipulación de cargas con carreta elevadora.
  • Ferramentas informáticas básicas para a busca de emprego. (2 EDICIÓNS)
  • Técnicas de venda e atención ao/á cliente.


OBRADOIROS

  • Habilidades para a busca de emprego (2 EDICIÓNS)
  • A idea de emprender (2 EDICIÓNS)
  • Creación de empresas:  Autoemprego. (2 EDICIÓNS)
  • Inglés básico na procura de emprego.


FORMACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

  • Apoio á preparación para as probas de avaliación en competencias clave. ( 2 EDICIÓNS )

 

O plan está destinado a veciños de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. A inscrición nas acción realizarase do 3 ao 9 de abril. Para máis información pódese contactar co centro municipal Pablo Picasso no número 981 66 42 04.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina