O Concello desenvolve en marzo un Ciclo de Teatro Afeccionado

O Concello de Culleredo empezou o sábado 9 o seu ciclo de teatro afeccionado. Organizado pola compañía Carfax de Culleredo e a Concellaría de Cultura, a cita reunirá os sábados que restan do mes de marzo, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o traballo de varias compañías de teatro afeccionado.

O ciclo comezou coa representación do Teatro Gargallada coa súa obra "Non me chames cariño se non o sintes", unha comedia dirixida a todos os públicos.

O resto do programa é o seguinte:

  • 16 de marzo: "Eloxio da loucura", da compañía Atrezo. Drama dirixido a un público adulto.
  • 23 de marzo: "Baile de sombras", da compañía Teatro no Aramio. Drama dirixido a un público adulto.
  • 30 de marzo: "Quimera", da compañía Gargallada. Comedia para todos os públicos.


A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a calidade das representacións que se ofrecerán neste ciclo e anima aos veciños a gozalas, aproveitando a oportunidade de telas en Culleredo.

Vista previaAdxuntoTamaño
carfax_teatro.pdf2.61 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina