Culleredo celebra o venres 8 a Cea de Mulleres Cullerdenses pola Igualdade

Desde o ano 2012, as asociacións de mulleres cullerdenses, co apoio da Concellaría de Igualdade, retomaron a organización da tradicional Cea de Mulleres Cullerdenses pola Igualdade que, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, celébrase dende hai 18 anos.

Este ano a cea-baile terá lugar o propio día 8 ás 21.30 horas e será, como na anterior edición, no Pazo de Vilaboa. O Concello informa de que son as propias asociacións as que fan as inscricións e recadan os cartos.

O prazo de inscrición remata o mércores 6 de marzo. Os medios para anotarse son os seguintes:

  • Asociación A Xeca (Vilaboa, detrás da oficina de Correos). Teléfono: 661 910 585
  • Asociación Rosalía de Castro (Edificio de Servizos Múltiples do Burgo). Teléfono: 639 513 466
  • Asociación Alancada (Tarrío). Teléfono: 607 180 712

Rocío Sampedro, concelleira de Muller, agarda que o evento sexa multitudinario como sempre foi, e constitúa un acto mais de reafirmación do papel da muller en Culleredo e un recoñecemento a súa loita diaria por acadar unha igualdade efectiva.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina