O Concello de Culleredo celebra o sábado o Magosto Municipal en Celas

O Concello de Culleredo celebrará o vindeiro sábado 27 de outubro a tradicional festa do Magosto Municipal. Terá lugar no parque recreativo de Celas, a partires das 6 da tarde.

A vertente gastronómica será a principal en Celas. Os asistentes poderán degustar castañas asadas, touciño á brasa, viño novo e queimada. O prezo por persoa será de 2 euros. Tampouco faltará a música para pasar a tarde. A festa estará amenizada polo Dúo Compás.

O goberno local anima aos veciños de todas as parroquias a achegarse ata o parque de Celas para pasa un día en familia e aproveitar para manter un encontro con veciños doutras parroquias. A xulgar polos resultados dos últimos anos, serán ducias as persoas que participen desta tradicional festa galega.

O Magosto conta coa colaboración da Sociedade Cultural e Deportiva “O Cruceiro” de Celas.
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina