O Centro de Información á Muller de Culleredo abre unha nova páxina web

O Concello de Culleredo quere potenciar o  Centro de Información á Muller (CIM), sito no Burgo (costa da Lonxa), a través das novas tecnoloxías. A dirección www.cimculleredo.org  alberga o novo sitio web do centro, concibido para proporcionar apoio e recursos ás mulleres cullerdenses.
A concelleira de Igualdade, a nacionalista Rocío Sampedro, explica que a idea da páxina consiste en crear un espazo “útil, sinxelo de acceder e que permita a interacción do CIM coa cidadanía”. Así, a edil anima aos veciños e ás entidades radicadas no municipio a comunicarse co centro a través desta ferramenta, aportando todas suxestións e comentarios que consideren para mellorar o servizo ou resolver dúbidas.

A nova páxina web estrutúrase da seguinte forma:
  • O CIM: información acerca do Centro de Información á Muller de Culleredo, explicando as áreas de actuación, o contacto ou o desenvolvemento que se está a levar a cabo do II Plan de Igualdade.
  • Lexislación: recursos sobre a lexislación no tocante a ámbitos como a violencia de xénero ou a igualdade.
  • Violencia de xénero: sección dedicada a esta problemática, relacionando o que se debe facer en caso de agresión, as axudas e programas existentes, a atención en Culleredo, etc.
  • Protagonistas: espazo que pon en valor o papel relevante de mulleres en diferentes ámbitos e épocas.
  • Empoderamento: papel activo da muller a través dos consellos sectoriais e das asociacións.
  • Actividades: información acerca das actividades do Concello clasificada por parroquias.

A directora da Vivenda Tutelada para Mulleres, Isabel Vázquez sinala que o novo sitio será unha ferramenta tecnolóxica “moi valiosa” no traballo por conquerir a igualdade e a non discriminación das mulleres de Culleredo. Considera ademais que resulta útil e vital para que as mulleres poidan acceder dun xeito rápido e actualizado á información e os recursos para vítimas de violencia de xénero.

Pola súa banda, a directora do CIM, Fátima Uzal, explica  que “non podemos olvidar que hoxe en día as novas tecnoloxías forman parte da nosa sociedade polo que este blog é un recurso necesario para difundir  os recursos e actividades que se ofertan dende o CIM e tamén  dende calquera outro organismo que traballe a prol da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres”.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina