Xogos Populares

Os xogos infantís teñen un carácter xeralizado en Galicia. Atopamos poucas diferenzas dunhas rexións a outras e a variedade maniféstase sobre todo nos cantos que acompañan os xogos, que recollen as variedades dialectais de cada área.

Son xogos na súa maioría de grupo, pois os nenos da aldea adoitaban andar en cuadrilla e xogar xuntos, cando menos, os nenos por unha lado e as nenas por outro. Pódese diferenciar entre xogos de nenos e de nenas, aínda que as divisións non eran tan ríxidas como podemos pensar.

Ao contrario do que acontece hoxe en día, os nenos pasaban moito tempo fóra de casa e os xogos desenvolvíanse ao libre, en contacto coa natureza facilitando o coñecemento do ámbito máis próximo. Son escasos os xogos de interior, reservados unicamente para os días de inverno. Durante a noite, a vida familiar discorre arredor da "lareira", onde os nenos escoitaban os contos que lles relataban os avós ou axudaban nos labores de casa.

O xoguete, como obxecto creado con tal fin, foi un ben escaso ao que só podían acceder os nenos de familias de clase alta. Os nenos fabricaban os seus propios instrumentos de xogo, tan só algúns moi sinxelos se compraban nos días de festa ou nas feiras, xoguetes como: a buxaina, as bólas, a pelota, bonecos ou cacharros para as nenas, o diábolo, as chucas, o tirapedras e o aro.

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina