Retablos e Imaxinería

Retablo Maior

É unha obra de estilo barroco realizado na primeira metade do século XVIII. Se se quere observar o retablo tal como foi deseñado, teremos que suprimir mentalmente a decoración engadida contorna ás fornelas, que estraga a estética barroca, especialmente a central con cores rechamantes que desvía a nosa atención.

O retablo adáptase perfectamente ao muro do ábsida, consta dun bancal e dous corpos divididos verticalmente en tres rúas, o piso superior é de forma semicircular ocupando todo o muro. O corpo principal se estrutura mediante catro columnas salomónicas con capiteis corintios, profusamente decorada con follaxe que enche case a totalidade da superficie. As fornelas foron convertidas en vitrinas pechándoas con portas de cristal, a fornela central aséntase sobre cinco chanzos, nun nivel máis elevado que as dúas laterais e con arco trilobulado que se apoia sobre catro columniñas.

O ático levántase sobre un entallamento decorado con grilandas vexetais, que se interrompe polo arco de camarín central que invade o seu espazo, isto responde ao gusto barroco pola liberdade de deseño e ruptura de marcos. O ático non posúe fornelas, pois a súa función é pechar o conxunto adaptándose á bóveda románica.

Retablos laterais

A ambos os dous lados do arco de acceso da capela maior, existen dúas retablos xemelgos de estilo barroco, aínda que máis tardíos que o anterior. Constan de tres pisos: predela, corpo principal dunha soa rúa e ático. O corpo principal presenta unha fornela con fachada de arco de medio punto entre estípites de capiteis compostos que avanzan cara adiante, creando sensación de movemento. O ático é unha complicada sucesión de planos e contraplanos que reproducen a técnica de placas, tan característica da arquitectura barroca galega.

O retablo que acolle a imaxe da Inmaculada foi modificado para adaptarse ao gran tamaño da escultura. No outro se expón a imaxe máis popular, Sto. Outel.

Imaxes:

Aínda que os retablos son unha mostra interesante da arte barroco, as imaxes que se conservan no templo son máis recentes e pouco significativas. Entre elas citamos varias que datan do século XIX: S. Eleuterio, S. Antonio, S. Roque e S. Xosé, ademais un Cristo crucificado situado na capela das Ánimas.


Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina