Participa na Cabalgata de Reis

O Concello de Culleredo desexa que a poboación do concello participe na Cabalgata de Reis que se vai celebrar o día 5 de xaneiro de 2009.

Para iso, vaise facer unha selección de rapaces e adultos que queiran participar e ser parte integrante da Cabalgata de Reis, xa que se necesitan 22 rapaces e 6 adultos. A empresa organizadora do desfile vai ser a que seleccione aos figurantes.

Persoas que poden participar: rapaces maiores de 8 anos e adultos.

Días de inscrición: do 15 ao 19 de decembro.

Teléfono de inscrición: 981-912120.

Horario: de 16:30 a 19:00 horas.

A cabalgata a organiza a Concellaría de Industria, Innovación, Comercio e Turismo xunto coa Concellaría de Participación Cidadá, Deportes e Festas.


Para máis información, poden chamar a :
Promoción Económica. Concello de Culleredo
Rúa do Concello, 12
15189 Culleredo (A Coruña)
Tfno: 981-677777
Fax: 981-674676
E-mail: promocioneconomica@culleredo.org

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina