Retablos

Retablo Maior:

Ocupa o fondo do obstad, ocultando a seteira románica que iluminaba o altar e unhas pinturas murais que quedan ao descuberto nos laterais do retablo.

É unha obra de estilo barroco, probabelmente da primeira metade do século XVIII. Corresponde a unha tipoloxía desenvolvida desde principio dese século, cuxa estrutura arquitectónica basea a organización do espazo na distribución de estípites, elementos característicos barrocos. Todo o conxunto aparece profundamente decorado con rocallas sobredouradas e grilandas vexetais que parecen deslizarse polas columnas coma se posuísen vida propia.

Retablo composto, consta de: predela de igual ancha que o obstad, dividida verticalmente en cinco rúas; sobre ela o corpo principal de tres rúas; e un ático que ocupa a rúa central cunha única fornela. A parte central divídese mediante catro estípites, cunha rúa central ancha e dúas laterais máis estreitas, entre elas ábrense tres fornelas con arco de medio punto sobre pilastras, e sobre cada unha das fornelas unha gran cuncha de formas sinuosas. Actualmente permanecen expostas só dúas imaxes nas fornelas das dúas menores, un S. Blas e un S. Xosé.

Retablos Laterais:

Están situados a ambos os dous lados da nave, son retablos xemelgos, posteriores ao retablo maior, de estilo neoclásico. Son de estrutura simple, cunha soa fornela con arco de medio punto, entre columnas xónicas. Rematan con frontais curvos cun triángulo que irradia raios, simbolizando a imaxe divina.


Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina